Jesús Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) o 6 de maio de 1898 e finado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Filosofía e letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (Arzúa) en 1934.La Voz de Galicia, 3-6-1934, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil de Arzúa en agosto, tomando posesión o 10 de setembro. Foi destituído polo gobernador civil en outubro de 1936.La Voz de Galicia, 9-10-1936, p. 4. En 1938 publicou o folleto Hacia una solución hispánica de los problemas sociales la actual organización económica no responde a las necesidades de nuestro tiempo: GENS, esbozo de unas bases para la constitución de las Grandes Empresas Nacional-Sindicalistas.El Compostelano, 26-3-1938, p. 1. Colaborou en El Compostelano. En 1963 trasladouse á escola de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1977, p. 17.
Vida persoal Casou en Santiago de Compostela con Antonia Souto Sáinz en 1927,La Voz de Galicia, 15-12-1927, p. 2. e foi pai de Jesús Antonio, Ana María, Alfonso, Beatriz, Purificación, María Berta, María Luisa, José Lino, María del Carmen, María de los Ángeles, Francisco e Nina Souto Souto.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1977