The X-Files é unha serie de televisión estadounidense de ficción científica e misterio creada por Chris Carter. Emitiuse orixinalmente dende o 10 de setembro de 1993 até o 19 de maio de 2002 a través de Fox. A serie componse de nove tempadas, con 202 episodios. Unha décima tempada composta de seis episodios estreouse o 24 de xaneiro de 2016 e concluíu o 22 de febreiro de 2016. Logo dos bos resultados do "revival" da serie, The X-Files regresou cunha onceava tempada composta de dez episodios, a cal se estreou o 3 de xaneiro de 2018 e rematou o 21 de marzo de 2018. Ademais da serie de televisión, estreáronse dous filmes, The X-Files: Fight the Future, en 1998, cuxo argumento ten continuidade coa serie, e The X-Files: I Want to Believe, en 2008, seis anos despois de que a serie deixase de emitirse.
Na serie, David Duchovny e Gillian Anderson interpretan dous axentes do FBI, Fox Mulder e Dana Scully, que teñen a tarefa de investigar os "expedientes X". Estes casos, marxinados polo FBI, comunmente involucran feitos paranormais. Mulder interpreta o rol do "crente", tendo fe da existencia de extraterrestres e de fenómenos paranormais, namentres Scully é a "escéptica", inicialmente designada polos seus superiores para desprestixiar o traballo de Mulder e encontrarlle unha explicación. Mentres a serie avanza, Mulder e Scully vense rodeados polos mesmos conflitos e desenvolven unha estraña e ambigua amizade.
Personaxes David Duchovny como Fox Mulder Gillian Anderson como Dana Scully Robert Patrick como John Doggett Annabeth Gish como Monica Reyes Mitch Pileggi como Walter Skinner William B. Davis como Cigarette Smoking Man Nicholas Lea como Alex Krycek Chris Owens como Jeffrey Spender James Pickens Jr. como Alvin Kersh
Notas
Véxase tamén
Outros artigos The X-Files, filme de 1998 baseado na serie. Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1993 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2002 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América