Trachypachidae (traquipáquidos) é unha familia de escaravellos adéfagos parecidos xeralmente aos carábidos, pero que se distinguen deles polas súas grandes coxas das patas posteriores. Só existen seis especies vivas desta familia, catro especies do xénero Trachypachus do norte de Eurasia e norte de Norteamérica e dúas especies do xénero Systolosoma en Chile e a Arxentina. Eran moito máis diversos no pasado, con ducias de especies descritas do Mesozoico.
Os seus hábitos son similares aos dos carábidos; procuran a súa comida entre as follas caídas de bosques de coníferas e crese que a súa maioría son predadores e preeiros, activos durante o día.
Segundo o entomólogo George Ball, "a cousa máis interesante sobre esta pequena familia é as súas relacións filoxenéticas"; previamente foi clasificada como unha subfamilia de Carabidae, e como familia foi clasificada en diferentes posicións en realación con outras familias de escaravellos.George E. Ball, "Trachypachidae", in Ross H. Arnett, Jr. and Michael C. Thomas, American Beetles (CRC Press, 2001), vol. 1 As filoxenias moleculares recentes recuperárona como grupo irmán do clado Carabidae+Cicindelidae como parte do subgrupo Geadephaga dos Adephaga. Os fósiles máis temperáns coñecidos da familia son os dos xéneros Petrodromeus, Permunda e Apermunda do límite Permiano-Triásico de Rusia de arredor de hai 252 millóns de anos. Os xéneros fósiles da familia clasifícanse na subfamilia Eodromeinae, mentres que os outros dous xéneros modernos sitúanse na subfamilia Trachypachinae. As dúas subfamilias distínguense pola forma e posición dos escleritos que se unen nas mesocoxas (a sección onde o par de patas medio se une ao corpo).
Especies
Subfamilia Trachypachinae Systolosoma, Chile, Arxentina Systolosoma breve Systolosoma lateritium Trachypachus, Holártico Trachypachus holmbergi Trachypachus gibbsii Trachypachus zetterstedi Trachypachus slevini Subfamilia †Eodromeinae (despois de revisión en Kirejtshuk et Ansorge, 2022.) †Coreoeicos Bode, 1953 Lousas de Posidonia, Alemaña, Xurásico temperán (Toarciano) †Denudirabus Ren, 1995 China, Cretáceo temperán (Aptiano) †Dolichorabus Ponomarenko, 1985, formación Ichetuy, Rusia, Xurásico tardío †Dundorabus Ponomarenko, 1989, formación Ulaan-Ereg, Mongolia, Xurásico tardío (Tithoniano) †Eodromeites Ponomarenko, 1985 (2 especies), Rusia, Xurásico tardío †Eodromeus Ponomarenko, 1977 (10+ especies), China, Rusia Mongolia, Xurásico medio-Cretáceo temperán †Liassodites Kirejtshuk et Ansorge, 2022, Series verdes, Alemaña, Xurásico temperán (Toarciano) †Evertus Ponomarenko, 1986 (= Fortiseode Jia, Liang, Chang et Ren, 2011) (3 especies), Mongolia, formación Yixian, China, Cretáceo temperán (Aptiano) †Karadromeus Ponomarenko, 1977 (6+ especies), Kazakhstán, Mongolia, Rusia, China?, Xurásico medio-Cretáceo temperán †Karatoma Ponomarenko, 1977 (2 especies), formación Karabastau, Kazakhstán, Xurásico medio-tardío, formación Glushkovo, Rusia, Xurásico tardío (Tithoniano) †Necronectulus Ponomarenko, 1977, formación Tologoi, Kazakhstán, Triásico tardío (Carniano-Noriano) †Novunda Kirejtshuk et Ansorge, 2022 (= Unda Ponomarenko, 1977 xénero pre-ocupado) (5 especies) Daohugou, China, Xurásico medio, formación Glushkovo, Rusia, Xurásico tardío †Platycoxa Ponomarenko, 1977, Kirguizistán, Xurásico temperán †Prosynactus Bode, 1953, Lousas de Posidonia, Alemaña, Xurásico temperán (Toarciano) †Psacodromeus Ponomarenko, 1977, Kazakhstán, Mongolia, Xurásico medio/tardío-Cretáceo temperán †Sinodromeus Wang, Zhang et Ponomarenko, 2012, formación Yixian, China, Creáceo temperán (Aptiano) †Sogdodromeus Ponomarenko, 1977, formación Madygen, Kirguizistán, Triásico tardío (Carniano) †Sogdodromeus altus †Xishanocarabus Hong, 1984, formación Lushangfen, China, Cretáceo temperán (Aptiano) †Petrodromeus Ponomarenko et Volkov, 2013 Kemerovo, Rusia, Permiano tardío (Changhsingiano) †Petrodromeus asiaticus (=Ademosynoides asiaticus; Martynov, 1936) †Apermunda Kirejtshuk et Ansorge, 2022, Kemerovo, Rusia, Permiano tardío (Changhsingiano) †Apermunda minor (=Petrodromeus minor) †Permunda Ponomarenko et Volkov, 2013, Kemerovo, Rusia, Permiano tardío (Changhsingiano) †Permunda nana
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Adephaga