Pajala é un concello sueco no condado de Norrbotten. A súa capital é a localidade de Pajala. En setembro do ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 5 912 habitantes.

A grandes trazos, todo o concello está formado por unha chaira primixenia cuberta de morenas. Porén, no norte hai un terreo montañoso máis empinado. Historicamente a economía de Pajala baseouse na silvicultura, na agricultura e na cría de renos. Porén, a principios da década de 2020 dominaban as actividades industriais.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo fortemente negativa.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Norrbotten