miniatura|252x252px|Esquema de desintegración do 60Co O Cobalto-60 (60Co) é un isótopo radioactivo sintético do cobalto, cun período de semidesintegración de 5,27 anos. O 60Co decae por desintegración beta ao isótopo estábel níquel-60 (60Nin). No proceso de desintegración, 60Co emite un electrón cunha enerxía de 315 keV e logo o núcleo activado de 60Ni emite dous raios gamma con enerxías de 1,17 e 1,33 MeV, respectivamente. A ecuación da captura neutrónica e desintegración é a seguinte:

+ n → → + e− + νe + raios gamma.

Actividade A actividade dun gramo 60Co é de 44 TBq (arredor de 1100 curios). Así, por exemplo, unha cantidade de 60µg de 60Co xera unha dose de 1 mSv no intervalo dunha hora a 1 metro de distancia. A inxesta de 60Co fai que se alcance a mesma dose en poucos segundos.

As altas enerxías dos raios gamma implican unha diferenza de masa entre o 60Ni e o 60Co de 0,003 Da. Isto equivale a 20 Watts por gramo, aproximadamente 30 veces superior á do 238Pu.

Unha dose de corpo enteiro de aproximadamente 3 a 4 Sv mata o 50 % dunha poboación en días ou semanas. Pode amorearse en poucos minutos de exposición a 1 g de 60Co.

Aplicacións A enerxía das partículas beta é baixa e pouco penetrante, o que fai sinxela a súa blindaxe. Con todo, os raios gamma emitidos teñen enerxías ao redor dos 1,3 MeV e son altamente penetrantes.

As principais aplicacións do 60Co son:

Elemento traza de cobalto en reaccións químicas Esterilización de equipo médico Fonte de radiación para radioterapia médica na terapia de cobalto Fonte de radiación para radiografía industrial Fonte de radiación para nivelar artefactos e espesores Fonte de radiación para irradiación de alimentos. Fonte de radiación para uso no laboratorio

A creación do 60Co é clave na nucleosíntese. Sen a etapa 60Co non se poderían formar os elementos n° 27 a 83 en supernovas. O 60Co artificial créase bombardeando un branco de 59Co cunha fonte de neutróns lentos, normalmente 252Cf moderados con auga para desaceleralos. Tamén se pode sintetizar nun reactor nuclear como o CANDU, onde as barras de aceiro substitúense por 59Co. O 60Co é tamén un activo isótopo na bomba de cobalto.

Despois de entrar no organismo, gran cantidade do 60Co excrétase nas feces. Unha pequena parte é absorbida polo fígado, os riles e os ósos. Unha prolongada exposición á radiación gamma pode causar cancro.

A mestura accidental dunha fonte radioactiva con cobalto pode formar aceiro radioactivo. No accidente de radiación en Ciudad Juárez, o 6 de decembro de 1983, unha fonte descargada (para uso médico) de 60Co causou a contaminación de 5.000 T de aceiro. Con el producíronse preto de 6.000 T de varilla contaminada que chegou a 15 estados de México e a varias cidades dos Estados Unidos. Estímase que 4.000 persoas foron expostas á radiación como consecuencia deste desastre.

Notas

Ligazóns externas

Cobalto-60, Environmental Protection Agency, EPA Inventario Nacional de Polucionantes - Cobalto Cobalto-60, Oak Ridge National Laboratory Cobalto-60, Centros de Control e Prevención de Enfermidades NLM Banco de datos de Sustancias Peligrosas – Cobalto, Radioactivo Decaimiento Beta del Cobalto-60, HyperPhysics, Georgia State University Dr. Henry Kelly. Cobalto-60 como una Bomba Sucia ., Federación de Científicos Americanos, 6 de marzo de 2002.

Categoría:Oncoloxía Categoría:Metais Categoría:Física médica Categoría:Radioactividade Categoría:Isótopos