Lyncornis macrotis é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, subfamilia dos eurostopodinos, unha das dúas integradas no xénero Lyncornis.Subfamily Eurostopodinae Sibley et al., 1988 en Zoonomen. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.Lyncornis macrotis (Vigors, 1831) no GBIF. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.Lyncornis macrotis (Vigors, 1831) na BioLib. Consultada o 16 de xaneiro de 2023.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1831 polo zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors baseado nunha mostra recollida nun barrio de Manila, en Filipinas. Vigors acuñou o nome binomial Caprimulgus macrotis.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Lyncornis.
O epíteto específico, macrotis, está formado pola unión dos elementos macr- e -otis, ambos os dous derivados das voces do grego antigo μακρός makrós (longo) e ὠτικός ṓtikós, "orella" [aquí en sentido figurado]).
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Caprimulgus macrotis Vigors, 1831 (protónimo) Eurostopodus macrotis (Vigors, 1831)
Subespecies Recoñécense na actualidade 5 subespecies: Lyncornis macrotis cerviniceps Gould, 1838 Lyncornis macrotis bourdilloni Hume, 1875 Lyncornis macrotis jacobsoni Junge, 1936 Lyncornis macrotis macropterus Bonaparte, 1850 Lyncornis macrotis macrotis (Vigors, 1831)
Nota taxonómica Anteriormente as súas especies de Lyncornis clasificáronse no xénero Eurostopodus. Pero foron trasladadas ao xénero Lyncornis en base aos resultados dun estudo de filoxenética molecular publicado en 2010 que atopou grandes diferenzas xenéticas entre estas dúas especies e as de Eurostopodus.
Características miniatura|esquerda|240px|Debuxo da cabeza Mide uns 41 cm de longo e ten unha masa corporal de ao redor de 150 g. Caracterízase por ter dous pequenos penachos nos laterais da parte posterior da cabeza a modo de "orellas", como os bufos, que lle dan ao seu rostro certo aspecto de coelliño, debido ademais aos seus grandes ollos escuros, e que o seu ancho e curto pico curvado cara a abaixo está parcialmente oculto polas plumas que o circundan.
A súa plumaxe é principalmente parda cun fino listado máis claro, aínda que o seu píleo, lombo, ventre e flancos son de cor ocre agrisada. Ademais teñen unha lista abrancazada ao redor do pescozo a modo de colar.John B. Dunning Jr., edit. (2008): CRC Handbook of Avian Body Masses, 2nd Edition. CRC Press. ISBN 978-1-4200-6444-5.
Distribución e hábitat Distribución miniatura|250px|Ilustración de 1892 Encóntrase principalmente no sueste asiático, aínda que tamén existen poboacións no sur da India, nos Ghates Occidentais, ademais de no extremo nororiental do país.Soysa, W. C., A. A. T. Amarasinghe and D. M. S. S. Karunarathna (2007): "A record of the Great Eared Nightjar Eurostopodus macrotis Vigors, 1830 (Aves: Caprimulgidae) from of Sri Lanka". Siyoth 2 (1): 88-90.
Ademais distribúese tamén por Bangladesh, Indonesia, Laos, Malaisia, Birmania, Filipinas, Tailandia e Vietnam.
Hábitat O seu hábitat natural son os bosques húmidos tropicais e subtropicais.
Comportamento Como os demais caprimúlxidos están activos ao anoitecer e á noite. As sús chamadas son características e consisten nun agudo tsiik, seguido dunha pausa e un grito dobre de tipo ba-haaww.
Reprodución O niño é un oco superficial escavado no chan onde a femia pon un só ovo. Os pitos camúflanse coas follas que os rodean.
Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. Aínda que non se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2020): Lyncornis macrotis na Lista vermella da UICN. Consultada o 16 de decembro de 2023
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8. Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).
Outros artigos Caprimulxiformes Caprimulxinos Lyncornis
Ligazóns externas Internet Bird Collection Malayalam
Categoría:Caprimulxiformes Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1831