Este artigo é unha lista de persoas que espertaron do coma despois dun longo período de tempo (máis dun ano).
Gary Dockery (1954–1997), un estadounidense (segundo unhas fontes policía, segundo outras, bombeiro) que pasou máis de sete anos e medio en coma tras recibir un disparo na fronte. Jan Grzebski (1942–2008), un traballador ferroviario polaco que caeu en coma en 1988 e espertou en 2007 Abdelhak Nouri (nado en 1997). O entón futbolista neerlandés de 20 anos derrubouse durante un partido. Máis dun ano despois, saíu do coma. Terry Wallis (nado en 1964), estadounidense que estivo en coma durante case un ano após un accidente de camión, e despois nun estado de mínima conciencia durante 18 anos.
Outros casos
Karolina Olsson (1861-1950), unha sueca que supostamente "invernou" durante 32 anos. Manel Monteagudo, un mariñeiro e escritor galego nado en 1957 en Cando, concello de Outes, tivo moita repercusión en novembro de 2021 aínda que previamente se tiña descrito como en estado "case vexetativo". Recoñeceu logo que, despois dunha longa convalecencia, en 1981 comezou a alternar períodos de catatonía con episodios de certa lucidez, incidindo en que as ecuelas do accidente lle causaban “perda total de memoria”. Notas Véxase tamén
Catatonía Coma Estado vexetativo Hibernación Narcolepsia Sono Soño Categoría:Doenzas Categoría:Listas de ciencias da saúde