Dynastes é un xénero de grandes escaravellos pertencentes á familia Scarabaeidae. Viven na rexión Neártica e na Neotropical, en América, desde os Estados Unidos ao Brasil; Dynastes hercules na UFL hai catro especies norteamericanas (incluíndo México), tres cunha distribución que se estende desde América Central a algo máis ao norte ou algo máis ao sur e dúas especies que son exclusivamente suramericanas.
Descrición miniatura|150px|esquerda|Cabeza e protórax dun Dynastes mostrando os seus cornos formando unha especie de pinza.
Os machos dos Dynastes teñen dous longos cornos, un na cabeza e outro no pronoto, formando unha especie de "pinza" (inmóbil) ou gancho; o corno pronotal ten setas avermelladas na parte inferior e está ausente nas femias.Generic Guide to New World Scarab Beetles Algunhas especies teñen unha coloración iridescente nos élitros. Certas especies do xénero Dynastes teñen a capacidade de cambiar de cor. Especies concretas poden ter élitros que varían segundo a época de negros a amarelentos ou verde caqui. Esta variación de cor débese a unha capa esponxosa que hai baixo a cutícula transparente; esta capa esponxosa é unha rede de filamentos feitos de cristais fotónicos tridimensionais dispostos paralelamente á superficie da cutícula. Cando a cutícula está chea de gas esta capa pode transparentarse, presentando cor amarela a verde caqui, pero cando está chea de líquido, a cutícula aparece negra. Isto débese ao cambio no índice de refracción que fai que se vexa de diferentes cores. Este fenómeno denomínase efecto higrocrómico. Os escaravellos femia poden cambiar de cor tamén pero non tan completamente coma os machos, o cal require unha explicación que non se coñece, xa que o mecanismo de cambio de cor non se comprende totalmente aínda. O que se sabe é que os cambios na humidade ambiental afectan os niveis de humidade na cutícula, o cal dá lugar a un cambio de cor na maioría dos casos. Como o cambio se debe á humidade reinante, é un proceso reversible; porén, observouse que despois de múltiples cambios de cor ou un alto estrés os escaravellos manteñen algunhas manchas negras na súa cutícula. Algunhas hipóteses de por que ocorre este cambio de cor son a capacidade de camuflarse no ambiente que o rodea dependendo do momento do día (negro de noite, amarelo de día) para evitar mellor o seu principal depredador, o moucho Megascops choliba. Outra teoría ten que ver coa termorregulación, na cal os escaravellos negros se quentan máis rápido que os de cor amarela e despois, unha vez que xa están quentes, teoricamente haberá menos humidade na cutícula, o que orixinará un cambio de cor, e así non se quentan tan rápido e evítase o sobrequecemento.
Especies
Actualmente existen oito especies recoñecidas neste xénero, sen contar as subespecies posibles de D. hercules: Macho Femia Larvas Nome científico Nome común Distribución120px 120px Dynastes grantii Horn, 1870 Estados Unidos: Arizona120px 120px120px Dynastes hercules (Linnaeus, 1758) escaravello hércules América Central e do Sur 120px Dynastes hyllus Chevrolat, 1843 México, Belize, O Salvador, Honduras, Guatemala, Nicaragua. Macho: 35-70 mm; femia: 30-45 mm Dynastes moroni Nagai, 2005 Serra dos Tuxtlas en México Dynastes maya Hardy, 2003 México, Guatemala. Macho: 50-90 mm; femia: 40-50 mm120px 120px Dynastes neptunus (Quensel en Schönherr, 1805 América do Sur: Colombia120px 120px Dynastes satanas Moser, 1909 Bolivia. Macho: 50-115 mm; femia: 30-55 mm120px 120px Dynastes tityus (Linnaeus, 1763) Estados UnidosBiolib
Hibridación
Aínda que hai varias especies dentro do xénero Dynastes, algunhas poden producir descendencia viable apareándose con outras. Isto foi observado en catividade, pero non está claro se os escaravellos na natureza realizan estes actos de hibridación. Certas especies como D. grantii e D. hyllus crese que son especies irmás, mentres que D. tityus se pensa que é un taxon irmán da liñaxe de América Central chamada "hércules branco". A especie intermedia que fai de ponte entre a liñaxe do "hércules branco" e a do "hércules xigante" pénsase que é D. maya.
Ciclo vital
A fase larval de Dynastes hercules dura un ou dous anos, durante os que a larva medra ata os 11 cm de lonxitude e adquire un peso de 100 g. A maior parte da vida da larva pasa dentro de túneles que fai na madeira podre. Despois do período larval, transfórmase en pupa, da que sae o adulto. Os adultos da maioría das especies poden vivir de dous a dez meses e nalgunhas poden vivir un ou dous anos. A especie D. tityus pode vivir de seis a 23 meses en catividade cun período de hibernación. D. grantii adoita ter unha vida adulta máis curta na natureza (de dous a catro meses), mais en catividade vive o mesmo tempo que D. tityus. Tamén se observou que a gran lonxevidade en catividade é posible sen un período de hibernación.
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hardy, 2003 - Description of a new species of Dynastes Kirby, Besoiro, Nr. 9 Lachaume (G.), 1985 - The Beetles of the World, volume 5, Dynastini 1. (Dynastidae)
Ligazóns externas
Categoría:Scarabaeiformia