Megasoma actaeon é unha especie de escaravello rinoceronte da familia Scarabaeidae.

Etimoloxía

O nome específico actaeon deriva do nome do heroe tebano da mitoloxía grega Actaeon, fillo do pastor sacderdotal Aristaeus e de Autonoe en Beocia, adestrado polo centauro Quirón.

Descrición

É un dos escaravellos máis grandes, medindo ata 7 cm de ancho e de 5-12 cm de longo. Os machos poden crecer ata os 13 cm de longo e 4 cm de ancho.

As superficies dorsais son glabras (sen pelos), de cor negra brillante ou mate. As patas son potentes, con grandes garras tarsais. Os machos teñen apéndices que lembran cornos no pronoto e na cabeza. Os dous cornos parciais paralelos sobre o pronoto son curtos, agudos e apuntan cara a adiante, mentres que un corno moito máis longo cun pequeno dente nace da cabeza. Nas femias o pronoto e os élitros son rugosos e carecen de cornos.Generic Guide to New World Scarab Beetles

Ciclo de vida

As femias poñen ovos no chan, que se desenvolven nuns 9 meses. O desenvolvemento larval e a pupación tardan en total case 3 anos. As larvas no terceiro ínstar poden acadar un peso de 200 gramos, o maior peso de todos os insectos. A esperanza de vida dos adultos en catividade é de 100–150 días. O exemplar máis pesado do que se ten rexistros atopouse en 2009 no norte de América do Sr e pesaba 228 gramos, case o equivalente do peso dunha rata femia.

Distribución Vive en América do Sur, especialmente en Bolivia, o Brasil, Colombia, Ecuador, México, a Güiana Francesa, Güiana, Panamá, o Perú, Suriname e Venezuela.

Notas

Fotps de Megasoma actaeon Natural World Reprodución de Megasoma actaeon

Véxase tamén Ligazóns externas

Insecta Culture

Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné