Moeda de 50 dólares (½ union) "50 Dollars "Half Union" Pattern; gold". Numista.com171x171px170x170pxA/: cabeza diademada da Liberdade cara á esquerda co cabelo recollido. Data no exergo. Marca de gravador "B". Lenda: LIBERTY (no diadema).R/: aguia coas ás abertas, con escudo diante do peito, con frechas e pólas de oliveira nas poutas e cinta no peteiro co lema E PLURIBUS UNUM. Valor facial. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / FIFTY DOLLARS. Valor: 50 dólares. Gravador: William Barber. Data: 1877. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca). Metal: ouro (90 %) e cobre (10 %). Diámetro: 50,80 mm. Grosor: 3,17 mm. Peso: 83,58 g. Canto: estriado.

A moeda de 50 dólares estadounidenses, coñecida tamén como ½ union (en galego: "media unión"), é unha moeda estadounidense de ouro con ese valor facial cuñada como proba en 1877, aínda que non se chegou a producir para a súa posta en circulación.

A moeda foi deseñada polo gravador William Barber e cuñouse na Ceca de Filadelfia, da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Ademais dos dous exemplares coñecidos da súa versión en ouro, coñécense tamén algúns exemplares cuñados en cobre.

A idea de introducir no sistema monetario dos Estados Unidos o novo valor facial de 100 dólares de ouro, coa denominación de union, nacera xa en 1854, e o proxecto abranguía tamén a creación dunha moeda de 25 dólares (¼ union) e de 50 dólares (½ union), mais a idea non chegou a frutificar.

Antecedentes e contexto

Situación económico-monetaria O Congreso dos Estados Unidos aprobou a Lei da Moeda de 1792 o 2 de abril dese ano, pola que, entre outrras cousas, se autorizaba a cuñaxe de moedas de diversos valores, entre elas a de ouro de 10 dólares, denominada "aguia", a de maior valor facial do momento."Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.Bowers, Q. D. (1982). Páxina 297.

A cuñaxe de ouro nos Estados Unidos viuse moi influída pola febre do ouro de California, iniciada en 1848.Bowers, Q. D. (1982). Páxina 8. A cantidade de ouro que afluíu ao mercado nacional fixo que este metal se popularizase en relación coa prata e, por conseguinte, comezase a depreciarse respecto a ela. En xaneiro de 1849, o representante demócrata por Carolina do Norte James I. McKay anunciou que sometería a votación un proxecto de lei para reformar os valores das moedas de ouro, e 1 de febreiro dese ano o representante demócrata por New Hampshire Charles G. Atherton propuxo unha emenda ao proxecto de McKay para a posta en circulación de moedas de 20 dólares. O 20 de febreiro presentouse un proxecto de lei que combinaba as propostas de McKay e Atherton, que foi aprobado pola Cámara de Representantes. Pouco despois, o 3 de marzo, o Senado aprobaba a Lei da Moeda de 1849, que establecía a emisión da nova moeda de 20 dólares Liberty Head."Coinage Act of 1849". 3 de marzo de 1849. Páxinas 397-398. miniatura|340x340px|Moeda de 50 dólares de 1852 emitida pola Oficina de Ensaios de San Francisco."Lot #3464. Auction #1215". Heritage Auctions. 14 de novembro de 2014.The Popular science monthly. Vol. 53. Maio a outubro de 1898. Appleton, Nova York. Páxina 602. A década de 1850 foi tamén unha época en que aumentou a aparición de novos bancos privados que emitían o seu propio papel moeda, mais esta forma de diñeiro non acadou o recoñecemento nin a confianza da poboación. Ademais, non todos os billetes gozaban do mesmo recoñecemento. Simultaneamente, había en circulación uns medios de pagamento coñecidos como slugs, unha especie de moedas de ouro por valor de 50 dólares emitidas en California pola Oficina de Ensaios de San Francisco para o mercado local, no que había demanda de moedas de ouro con valores altos."Guest Article: So-called $50 Slug Facsimiles". Numismatic Guaranty Company (NGC). Estas moedas comezaron a ser retiradas da circulación a partir de 1854, ano en que se estableceu a Ceca de San Francisco como sucursal da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para lle facer fronte á escaseza de moeda de curso legal emitida polo Estado no Oeste do país, tendo en conta, ademais, que o papel moeda non circulaba de facto en California naquela época.Millman E. (2021).

miniatura|340x340px|Moeda de 50 dólares emitida en 1855 pola compañía Wass Molitor, de San Francisco.The Popular science monthly. Vol. 53. Maio a outubro de 1898. Appleton, Nova York. Páxina 603.

Xurdiu así a necesidade de cuñar moedas de maior valor para os estados occidentais."1877 Half Union Pattern in Gilt Copper ". En Coin Week. 11 de agosto de 2014.Tebben G. "A quarter century too late". En marzo de 1854, a cuestión fíxose pública nas páxinas do San Francisco Herald, nun artigo no que se razoaba que o sistema financeiro do país naquela época se baseaba na moeda metálica e non debían facerse concesións ao respecto. Consonte os autores, un valor facial máis alto facilitaría o asentamento e o pagamento dos empresarios no Oeste do país.Bowers, Q. D. (1982). Páxina 344. A necesidade de moeda sen ser de papel do mercado local queda patente no feito de que, na década de 1850, San Francisco tiña unha ceca privada, Wass, Molitor & Co., que emitía unha moeda privada de ouro de 50 dólares cuñada por ela para o mercado local."Wass, Molitor & Company". Professional Coin Grading Service (PCGS)."1855 $50 Wass, Molitor & Co. (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service (PCGS).

A idea da moeda de 50 dólares O senador de California William W. Gwin, por petición dos empresarios do seu estado, solicitoulle ao secretario do Tesouro, James Guthrie, que considerase a posibilidade de introducir novas moedas de ouro de maior valor facial nos Estados Unidos: 100 dólares (union), 50 dólares (half union) e 25 dólares (quarter union).Bowers, Q. D. (1982). Páxinas 344-345 Guthrie respondeu positivamente a esta petición e remitiuna á Comisión de Finanzas, que tamén emitiu un ditame favorable á idea. O 16 de xuño de 1854, o Senado votou unha moción para introducir as moedas con estes novos valores faciais. No entanto, nunca chegou a votarse na Cámara de Representantes.Bowers, Q. D. (1982). Páxina 345.

Vinte anos despois destes acontecementos, o superintendente da Ceca de Filadelfia, Henry Linderman, comezou a reconsiderar a idea de introducir moedas cos valores previstos por Gwin. Mais aquel era un momento en que o papel moeda emitido polo Goberno federal xa circulaba amplamente, e a introdución de moedas de ouro parecía innecesaria. Así e todo, crese que a reconsideración da emisión destas moedas non se debeu ás necesidades do mercado, senón ao desexo de obter beneficios privados por parte do superintendente, que ademais era un coñecido coleccionista e especulador de moedas.

Deseño e produción miniatura|293x293px|O gravador xefe da US Mint, William Barber, encargouse do gravado da moeda. En 1877, a Ceca de Filadelfia chegou a producir a modo de proba numismática dous únicos exemplares da moeda de 50 dólares de ouro. O deseño da moeda correu a cargo do daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, William Barber,"50 Dollars, United States, 1877". National Museum of American History. Smithsonian Institution.Yeoman R. S. (2009). Páxina 355. aínda que tamén hai fontes que afirman que realmente foi obra do seu fillo, Charles E. Barber.

Para o deseño do anverso escolleuse como motivo o perfil da Liberdade utilizado por James B. Longacre na moeda de 20 dólares Liberty Head. A cabeza amósase rodeada por 13 estrelas de seis puntas e, no exergo, o ano de produción da moeda, 1877. Por riba da data e preto do truncamento do pescozo da Liberdade aparece unha pequena letra B, a modo de marca de gravador de Barber. Pola súa banda, o reverso, á parte dalgúns pequenos cambios na ornamentación e no deseño do escudo da Unión, tamén se mantivo fiel ao da moeda de 20 dólares, coa representación da aguia característica do Gran Selo dos Estados Unidos cun escudo da Unión no peito, que sostén nas súas gadoupas unhas frechas e unhas pólas de oliveira.

As cuñaxes de proba en ouro cuñáronse probablemente en agosto de 1877. Ademais delas, tamén se cuñou en cobre un número indeterminado de exemplares, e a algunhas delas aplicóuselles posteriormente un baño de ouro. Estes espécimes de cobre difiren dos de ouro no tamaño da cabeza da Liberdade."50 Dollars "Half Union" Pattern; copper". Numista.com

O persoal da Casa da Moeda considerou que a cuñaxe de moedas de ouro de tamaño tan grande contribuiría á falsificación, sobre todo mediante a limadura dos cantos ou facendo perforacións neles que posteriormente se encherían con chumbo. Consecuentemente, considerouse que a posta desta moeda en circulación resultaría pouco práctico."1855 $50 Wass, Molitor & Co. (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service (PCGS).

Os dous espécimes de ouro cuñados foron adquiridos polo cuñador xefe, Archibald L. Snowden, polo valor intrínseco do ouro que contiñan mais unha taxa adicional que se lles aplicaba ás moedas emitidas como proba. En 1909 acabaron nas mans do coleccionista e máis tarde secretario do Tesoro William Woodin, que as adquiriu por 20.000 dólares. A información sobre a adquisición fíxose pública, o que suscitou críticas, xa que se desvelou que as moedas foran compradas grazas a un coñecido de Woodin no Departamento do Tesouro. Así as cousas, o Goberno estadounidense instou a Woodin a devolver as moedas á colección pública da Casa da Moeda. Isto ocorreu en decembro de 1910; a cambio do reintegro, a Woodin facilitóuselle a adquisición doutras probas numismáticas de gran valor, ata daquela descoñecidas polos coleccionistas. Ambos os espécimes da moeda de ouro de 50 dólares pasaron posteriormente a formar parte da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, no Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano."50 Dollars, United States, 1877". National Museum of American History. Smithsonian Institution."1877 $50 J-1546 (Proof)". Professional Coin Grading Service (PCGS).

Os 50 dólares da Exposición Panamá Pacífico

miniatura|170x170px|Anverso da versión redonda dos 50 dólares da serie Panamá Pacífico (1915)."50 Dollars Panama–Pacific Exposition (round)". Numista.com En 1915 emitiuse unha serie de moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, entre as cales figurou, por única vez, unha moeda de ouro de 50 dólares. Esta moeda foi cuñada na Ceca de San Francisco en dúas versións, unha redonda e outra octogonal, e con idéntico deseño."50 Dollars Panama–Pacific Exposition (round)". Numista.com"50 Dollars Panama–Pacific Exposition (octogonal)". Numista.com"1915 Panama Pacific Exposition $50 Gold Coin". EarlyConmemorativeCoins.com

O seu anverso, deseñado por Robert I. Aiken, presenta como motivo central un busto de Minerva, a deusa romana da sabedoría, a habelencia e a contemplación, cun casco con crista e un escudo que amosa a data de emisión en números arábigos. Pola súa banda, no reverso represéntase o moucho de Atenea, símbolo da sabedoría, pousado sobre unha póla de piñeiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bowers, Q. D. (1982). United States Gold Coins: An Illustrated History. Bowers and Ruddy Galleries, Wolfeboro. ISBN 0-914490-21-4

Millman E. (2021). "Half Union: The Forgotten 50 Dollar U.S. Gold Coin". En Gainesville Coins. 5 de xaneiro Tebben G. "A quarter century too late". En Coin World. Yeoman R. S. (2009). A Guide Book of United States Coins. 63ª ed. Whitman Publising, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2766-3

Outros artigos

Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Moedas do dólar estadounidense Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro