María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.

Traxectoria Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.

Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.

Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.

Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.

A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.

Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.

En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.

En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.Los misterios de Laura

En 2019 é unha das protagonistas da coprodución televisiva (TVE e Movistar+) Merlí: Sapere aude, continuación da serie Merlí (TV3) , as dúas emitidas, ademais, en Netflix. A actriz coruñesa encarna a personaxe da profesora de Ética -na facultade de Filosofía- María Bolaño.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Director/a 1989 Sempre Xonxa Chano Piñeiro 1991 Martes de carnaval Alba Fernando Bauluz e Pedro Carvajal1994 El baile de las ánimas Malena Pedro Carvajal As xoias da señora Bianconero Jorge Coira1995 Entre rojas Cata Azucena Rodríguez Mofa e Befa en Gran liquidación Jorge Coira La boutique del llanto Cándida Iñaki Peñafiel (curtametraxe)1996 Libertarias Mariona Vicente Aranda Interferencias Antonio Morales Pérez. Perdona bonita, pero Lucas me quería a mí Mari Carmen Dunia Ayaso e Félix Sabroso1997 Completo comfort Miranda Juan Flahn (curtametraxe) A mí quién me manda meterme en esto Maite Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe)1998 Insomnio Isabel Chus Gutiérrez El grito en el cielo Rita Dunia Ayaso e Félix Sabroso1999 Los lobos de Washington Sara Mariano Barroso Vamos a dejarlo Daniela Fejerman e Inés París (curtametraxe) La Parrilla Xavier Manich 2002 A mi madre le gustan las mujeres Gimena Daniela Fejerman e Inés París2003 O lapis do carpinteiro Beatriz Antón Reixa En la ciudad Sofía Cesc Gay Descongélate! Cameo Dunia Ayaso e Félix Sabroso 2004 Cosas que hacen que la vida valga la pena Ángeles Manuel Gómez Pereira 2005 Semen, una historia de amor Gloria Daniela Fejerman e Inés París 2006 El regalo Puri Carlos Agulló 2008 Rivales María Fernando Colomo 2010 Que se mueran los feos Begoña Nacho G. Velilla 2011 Onde está a Felicidade? Aura Carlos Alberto Riccelli 2016 La noche que mi madre mató a mi padre Susana Inés París 2017 Es por tu bien Olga Carlos Therón 2018 Oh! Mammy Blue Elena Antonio Hens 2019 Elisa e Marcela Nai de Marcela Isabel Coixet

Televisión Ano Título Personaxe Canle Notas 1995 Farmacia de guardia Clienta Antena 3 1 episodio 1997 Los negocios de mamá Lucrecia La 1 1 episodio 1998 - 2001 Periodistas Mamem TébarTelecinco 102 episodios 2004 - 2006 7 vidas Mónica Olmedo 35 episodios 2008 Martes de carnaval La daifaLa 1 1 episodio 2009; 2011; 2014 Los misterios de Laura Laura Lebrel del Bosque 32 episodios 2011 Los Quién Susana Zunzunegui Santamaría Antena 3 13 episodios 2016 Web Therapy Valeria Collado #0 1 episodio 2019 Vota Juan Macarena Lombardo TNT España 8 episodios 2019; 2021 - presente Toy Boy Carmen de Andrés Antena 3 19 episodios 2019 - 2021 Merlí: Sapere aude María Bolaño Movistar+ 16 episodios 2020 Vamos Juan Macarena Lombardo TNT España 7 episodios 2021 3 caminos Madre Clara Prime Video 1 episodio 2021 - presente Venga Juan Macarena Lombardo HBO España 7 episodios 2022 Los misterios de Laura Laura Lebrel del Bosque La 1 Telefilme

Teatro O Mozo que chegou de lonxe (1989). Dirixida por Mario Gas. O Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1989). Yerma (1990) de Federico García Lorca. Dirixida por Xosé M. Blanco. O Roixinol de Bretaña (1991) de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1991). Finisterra Broadway amén y squasch (1993) Martes de Carnaval (1995)de Ramón María de Valle-Inclán. Dirixida por Mario Gas. Caníbales (1996). Dirixida por José Luis Sainz. El Hombre Elefante. Dirixida por Mariano Barroso. Confesiones de mujeres de 30 años (2002-2004). Dirixida por Lia Jelin. Dónde pongo la cabeza (2006), de Yolanda García Serrano. Dirixida por Tamzin Towsend.

Premios e nomeamentos 1992 Nomeada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.

1993 Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.

1995 Nomeada ao Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por Entre rojas. Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Interpretación Revelación por Entre rojas.

1998 Mención Especial no Festival de Cine Español de Málaga por Completo confort, A mí quién me manda meterme en esto e Interferencias. Gañadora do Premio 'Galego/a del mes' por El Correo Gallego en setembro.

1999 Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.

2000 Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.

2003 Nomeada á Concha de Prata á Mellor actriz no Festival Internacional de Cine de San Sebastián por En la ciudad. Nomeada ao Premio Goya á Mellor interpretación feminina secundaria por O lapis do carpinteiro. Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por En la ciudad. Nomeada ao Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor actriz secundaria por En la ciudad. Gañadora do Premio Mestre Mateo á Mellor interpretación feminina secundaria por O lapis do carpinteiro. Gañadora do Premio Gayo á Mellor actriz secundaria por En la ciudad.

2004 Gañadora do Premio 'Ola de Ouro' no Festival de Cine Feminino de Burdeos á Mellor interpretación feminina por En la ciudad. Nomeada á Bíznaga de Plata á Mellor actriz en el Festival de Cine Español de Málaga por Cosas que hacen que la vida valga la pena.

2005 Nomeada á Bíznaga de Prata á Mellor actriz no Festival de Cine Español de Málaga por Semen, una historia de amor. Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Siete Vidas.

2007 Gañadora na XVI Edición dos Premios Teatro de Rojas 2007 de Toledo á Mellor interpretación feminina por El método Grönholm

2008 Nomeada ao Premio Max de Teatro á Mellor actriz secundaria por Las cuñadas.

2009 Gañadora da Mención especial nos I Premios del Público TV por "Los misterios de Laura".Lista de candidatos a los Premios del Público TV Nomeada aos Premios CineyMás de TV 2008/09 como Mellor actriz española por "Los misterios de Laura" Gañadora do Premio Bodegas Casado Morales al Mejor joven del año Nomeada aos Premios Zapping como Mellor actriz por "Los misterios de Laura"Candidaturas ós Premios Zapping 2009

2011 Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas CRTVG

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Nados en 1966 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria