Alexander nado o 1 de xuño de 1999 máis coñecido co pseudónimo de Technoblade, foi unha personalidade estadounidense da Internet que morreu o 30 de xuño de 2022. Foi principalmente coñecido polo seu traballo en YouTube, onde predominantemente subía vídeos de Minecraft e transmitía en directo.
Carreira profesional Alexander creou a súa canle de YouTube o 28 de outubro do 2013, con 14 anos, no que o contido dende ese momento sería sobre o videoxogo de Minecraft.
Alexander participou en diversos torneos, aínda que foi habitual no Minecraft Championships xunto con outras personalidades recoñecidas de YouTube de Minecraft.
Ademais formou parte do servidor Dream SMP como un dos seus personaxes principales. Nese servidor e noutros máis eventos, tivo unha rivalidade amistosa co seu compañeiro youtuber Dream, o fundador do servidor mencionado. Os dous disputábanse ser recoñecidos coma o "mellor xogador de Minecraft" entre os seus fans.
Dream dado o diagnóstico de cancro do seu compañeiro Technoblade a finais de agosto do 2021, doou 21 409 dólares a un crowdfunding para a investigación contra o cancro.
Vida persoal Technoblade tiña unha vida persoal reservada, e de feito bromeou varias veces sobre o seu nome real facendo crer aos espectadares que o seu nome era "Dave", alcume que foi en xeral aceptado como o real ata o vídeo anunciando a súa morte.
A súa loita persoal contra o cancro publicitárase previamente coa súa base de fans, anunciando o seu diagnóstico en agosto do 2021. O 28 de agosto do 2021 subiuse un vídeo no que se revela o diagnóstico de sarcoma logo de ter dor no brazo dereito.
Finalmente, a quimioterapia e a radioterapia resultaron en nada, e co seu médico afirmando que probablemente sería necesario amputarlle o brazo, aínda que ao final en decembro do 2021, sometérase a unha operación de salvamento da extremidade con éxito.
Falecemento O anuncio do falecemento de Technoblade tivo lugar na súa canle de YouTube o 30 de xuño do 2022, onde o seu pai anunciou que morrera, sucumbindo ao cancro metastásico. Leu unha mensaxe escrita por el nas últimas horas de vida e dixo que as ganancias do merchandising destinaríanse a unha organización benéfica contra o sarcoma. O vídeo terminou cunha mensaxe escrita pola nai de Technoblade, e converteríase en pouco tempo o vídeo con maior tendencia en YouTube.
Múltiples personalidades youtubers - incluídos Dream e outros membros do servidor Dream SMP, expresaron as súas condolencias, xunto co confundador Simon de Hypixel. YouTube ademais tuiteou as súas condolencias á súa familia, amigos e seguidores despois do vídeo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Canle de Technoblade en YouTube
Outros artigos Dream SMP
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Finados por cancro