O Panelian Raikas, tamén coñecido comoo PaRa, é un equipo de hóckey sobre xeo da vila de Panelia, no concello Eura (Satakunta, Finlandia). A entidade salienta polo seu equipo feminino, que na tempada 2022-23 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis. Xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli.

Historia O PaRa foi fundado o 8 de xaneiro de 1920 como club de atletismo. Na década de 1950 o club incluíu a práctica do hóckey sobre xeo, que acabou converténdose no único deporte da entidade.

A finais da década de 1960 o equipo masculino de hóckey sobre xeo xogou na Maakuntasarja (Liga Rexional), que daquela era o terceiro nivel do hóckey finlandés. A tempada 1967-68 finalizou na derradeira posición do grupo de Länsi-Suomi (Finlandia Occidental) con tan só unha vitoria, dous empates e nove derrotas en 12 encontros, e 79 goles en contra por tan só 29 a favor, polo que descendeu.

Pola súa banda, o nivel máis alto no que competiu o equipo feminino foi a Naisten Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.

Pavillón

O PaRa xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli, un estadio construído entre os meses de maio e outubro de 1999 e que conta cunha pista de 56x26 m. O equipo xogou o seu primeiro partido o 28 de outubro de 1999 fronte a FPS, que finalizou con vitoria local por dez goles a cinco.

Personalidades destacadas miniatura|A porteira internacional con Finlandia Tiina Ranne, na imaxe defendendo a portería de KalPa da Naisten Liiga, formouse no PaRa. O Panelian Raikas é coñecido por ser un bo club de formación, xa que na entidade formáronse as porteiras Tiina Ranne e Eveliina Mäkinen, que participaron en competicións internacionais coa selección feminina de Finlandia. Pola súa banda o porteiro Oskari Setänen e o defensa Roni Sevänen formaron parte do equipo de Lukko que se proclamou campión finlandés en 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do PaRa

Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia