Manuel Lozano, nado en Santiago de Compostela en 1990, é un actor galego.

Traxectoria Con nove anos de idade foi escollido para protagonizar a película A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda, adaptación ó cine dun relato de Manuel Rivas.

Desde entón participou en longametraxes, varias delas baixo a dirección de José Luis Garci, e colaborado en distintas series de televisión, incluíndo un papel fixo en Nada es para siempre.

Realizou un anuncio publicitario para a casa "ARTHUR" de roupa para rapaces.

Filmografía A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Moncho. You're the One (una historia de entonces) (2000), como José Luis Garci. Como Juanito. Lázaro de Tormes (2001), de Fernando Fernán Gómez e José Luis García Sánchez. Como Lazarillo. Más pena que gloria (2001), de Víctor García León. Como Lucas. Nos miran (2002), de Norberto López Amado. Como Álex García. Historia de un beso (2002), de José Luis Garci. Eres mi héroe (2003), de Antonio Cuadri. Como Ramón. Tiovivo c. 1950 (2004), de José Luis Garci. Como Quique. A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías. Como Mario Salinas fillo. Mia Sarah (2006), de Gustavo Ron. Como Samuel. Sinbad (2011), de Antón Dobao. Somos xente honrada (2013), de Alejandro Marzoa.

Televisión Personaxes fixos Nada es para siempre (1999-2000). Como Dani. Antena 3. Códice (2014). Como Manolo de mozo. TVG

Personaxes episódicos Paraíso (serie de televisión) (2001). Como Héctor Aníbal. La 1. Hospital Central. Telecinco.

Premios e nomeamentos 2000 Nomeado ó Premio Goya ó Mellor Actor Revelación por A lingua das bolboretas. Nomeado ós Young Artist Awards (California) como Mellor Actor nun Filme Estranxeiro por A lingua das bolboretas.

2003 Premio do Xurado ó Mellor Actor no Fort Lauderdale International Film Festival por Eres mi héroe.

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores infantís de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes