Javier Veiga Rubirosa, nado no Grove o 11 de febreiro de 1973, é un actor galego.

Traxectoria Aínda que comezou os estudos de Arquitectura na Coruña, deixounos para marchar a Madrid. É licenciado pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) e realizou numerosos cursos e talleres de perfeccionamento: humor, verso, comedia da arte, esgrima, voz ou canto.

Os seus inicios como actor teñen lugar no teatro, onde participou en múltiples espectáculos chegando a crear a súa propia compañía, Teatro Impar. Tamén dirixiu a obra Tonto el que lo lea. Na década de 1990 colaborou nalgunhas series de éxito, pero o que realmente o lanzou á fama foi o seu traballo como presentador do espazo El Club de la Comedia, en Canal +. Participou en varias películas como Escuela de seducción ou O ano da carracha.

Foi protagonista dunha campaña publicitaria da ONCE.

Filmografía Cinema Planeta extraño (1997), de Pedro Pérez Jiménez. Como Garda Civil. El conductor (1998), de Jorge Carrasco. Como Representante. La mujer más fea del mundo (1999), de Miguel Bardem. Como Médico. Tuno negro (2001), de Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín. Como Marcial. O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Morgan. Escuela de seducción (2004), de Javier Balaguer. Como Óscar García/Dani Danissimo.

Curtametraxes A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.

Televisión Como actor Siete Vidas (1999, Telecinco). Como Fernando. Colaboración en varios episodios. Condenadas a entenderse (1999, Antena 3). Robles, investigador (2000) Moncloa ¿dígame? (2001, Telecinco). Como Bartolomé. 7 días al desnudo (2005, Cuatro). Como Miguel Cimadevilla.

Personaxes episódicos Farmacia de guardia (1992, Antena 3). El Súper (1996, Telecinco). Señor Alcalde (1998, Telecinco). L'un per l'altre (2003, TV3). Maneras de sobrevivir (2005, Telecinco). Como Martín.

Como presentador Ciudad abierta. Telemadrid. Amar el cine. TVE. Inocente inocente. TVG. Sorpresas te da la vida. TVG. El Club de la comedia (1999-2001).

Teatro No es tan fácil, de Paco Mir. Dirixido por Joseph María Mestres. 5 Hombres.com, dirixido por José Miguel Contreras e Ana Rivas. Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, dirigida por Antonio Guirau. Examen de maridos, de Ruiz de Alarcón, dirixida por Vicente Fuentes. El enfermo imaginario de Moliere, dirixida por Antonio Díaz Florián. La Celestina, de Fernando de Rojas, dirixida por Charo Amador. La caída de Ícaro, de Bertold Brecht, dirixida por José Luis Raimond. Camino de wolokolamsk, de Heiner Müller, dirixida por Eduardo Vasco. El juego de las preguntas, de Peter Handke, dirixida por Charo Amador. El casamiento, de N. Gogol, dirixida por Ángel Gutiérrez. Clown Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, dirección Olga Margallo. Los pícaros, pasos y entremeses, de Lope de Rueda e Miguel de Cervantes, dirixida por Ángel Gutiérrez. El pabellón nº 6, de A. Chejov, dirixida por Ángel Gutiérrez. Tonto el que lo lea, dirección Javier Veiga. Casa con dos puertas, sobre textos de Calderón de la Barca. El vendedor de cuentos, sobre textos de Federico García Lorca. Voldemar, baseado en contos de A. Chejov. Los 3 mosqueteros buscando a Dartañán, inspirado nos personaxes de Alexandre Dumas. Unha noite na praia.

Premios e nomeamentos Premio ó mellor director no XXII Festival Nacional de Teatro de Guadalajara pola obra Casa con dos puertas. Premio ó mellor actor e mellor director no XIX Certame Nacional de Teatro Arcipreste de Hita por Voldemar.

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores do Grove Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1973 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista