David Bennent é un actor suízo, nado o 9 de setembro de 1966 en Lausana, no cantón de Vaud.

Traxectoria É fillo do actor Heinz Bennent e da bailarina Diane Mansart. A súa irmá Anne Bennent tamén é actriz. Vive entre Alemaña e Francia. Domina os idiomas francés, inglés e alemán.

O seu papel máis destacado segue sendo o de Oskar en O tambor de folla de lata de Volker Schlöndorff, papel ao que o predestinaron os problemas de crecemento que padecía.https://films.oeil-ecran.com/tag/david-bennent/

Filmografía

Cine

1979 : O tambor de folla de lata de Volker Schlöndorff : Oscar 1984 : Canicule de Yves Boisset : Quim 1985 : Legend de Ridley Scott : Gump 2004 : She Hate Me de Spike Lee : Dr. Herman Schiller 2005 : Traumschatten (curtametraxe) de Steffen Groth : Tristán 2007 : Ulzhan de Volker Schlöndorff : Shakuni 2013 : Michael Kohlhaas de Arnaud des Pallières : César 2014 : de David Ruehm 2016 : Planetarium de Rebecca Zlotowski : Junker

Televisión

1985 : Inspecteur Derrick - (ep. 127 - 1985) : Heizel Weik, interpretando xunto á súa irmá Anne Bennent, que fai tamén da súa irmá na telenovela. 2002 : L'enfant des lumières : Hyacinte Mignon 2006 : Endspiel : Clov 2014 : Comissaire Dupin (serie de televisión) 2018 : Dogs of Berlin (serie de televisión)

Teatro

1983 : Les Paravents de Jean Genet, dirixida por Patrice Chéreau, Théâtre des Amandiers : fillo de Sir Harold 1991 : A tempestade de Shakespeare, dirixida por Peter Brook, Festival d'Avignon 1995 : Endgame de Samuel Beckett, dirixida por Joël Jouanneau, Festival d'Avignon 1993 : The Man Who adaptado do libro de Oliver Sacks, dirixido por Peter Brook, TNP de Villeurbanne

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kultur: Gespräch mit Heinz und David Bennent: "Einen Text muss man spüren bis in den kleinen Zeh" (Entrevista en tagesspiegel.de, en alemán)

Categoría:Actores de Suíza Categoría:Nados en Lausana Categoría:Nados en 1966