A aglomeración urbana é un termo usado en xeografía humana para indicar unha cidade que abrangue un centro de moita poboación, que habitualmente forma un concello, e un conxunto de suburbios ou cidades satélites. Termos Debido ás diferentes definicións do que constitúe unha aglomeración en cada país, ou da metodoloxía xeográfica empregada, resulta complexo comparar as diferentes aglomeracións. Termos equivalentes poden ser área urbana, ateigamento, masificación etc., con matices referidos ás condicións de espazo e hixiene.

Unha aglomeración diferénciase dunha área metropolitana en que esta inclúe áreas periféricas non necesariamente urbanas e dunha conurbación en que neste caso son diferentes zonas de influencia dunha cidade conectadas con outras cidades con zonas de influencia nun continuo urbano.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cidades xemelgas Urbanismo Ateigamento Paisaxismo

Categoría:Cidades