O boxeo é un deporte no que dous loitadores se enfrontan golpeándose, de acordo a un preciso regulamento, cos puños recubertos por unhas luvas especiais e co torso nu para os profesionais. A primeira codificación das normas que regulan os encontros de boxeo remóntase a 1743, mentres que as regras aínda vixentes foron establecidas en 1889 polo marqués de Queensberry.
Os encontros de boxeo comezaron realizándose sen limitación de asaltos, a continuación a 20 asaltos e logo a 15. Actualmente os campionatos do mundo e continentais realízanse a 12 asaltos, os campionatos con título nacional en xogo a 10 asaltos e os combates sen título en xogo ou con algún título de menor importancia realízanse a 4,6,8 o 10 asaltos segundo se pacte, os combates afeccionados realízanse a 4 asaltos de 2 minutos (os asaltos en combates profesionais son a 3 minutos).
Categorías Profesionais palla. minimosca. mosca. supermosca. galo. supergalo. pluma. superpluma ou lixeiros júnior. lixeiro. superlixeiros ou welters júnior. welters. superwelters ou medios júniors. medios. supermedios. semipesados. cruceiros. pesados.
Afeccionados minimosca. mosca. galo. pluma. lixeiro. superlixeiro ou welter júnior. welter. medio. semipesado. pesado. superpesado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Chess boxing Luvas de boxeo
Categoría:Boxeo