Antonio Seijas Cruz, nado en Ares, o 19 de xullo de 1976, é un historiador da arte, ilustrador, deseñador, fotógrafo, pintor, poeta e autor de banda deseñada galego.

Traxectoria Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998), iniciou o seu traballo coa caricatura, publicada en revistas galegas como Golfiño e Murguía.

O seu primeiro traballo de ilustración publicouse en 2006 co título Un Hombre Feliz, con prefacio de Miguelanxo Prado . En outubro de 2012 adaptou o libro Cartas de inverno do autor Agustín Fernández Paz. La Luz é o seu terceiro traballo, estreado en marzo de 2014, e gañador do mellor traballo de banda deseñada de España. Foi o ilustrador da obra Miña querida Sherezade escrita por Andrea Maceiras, gañadora do Premio Moira en 2014 e do libro Castañeiro de Abril, de Antonio Fraga. O Soño da Serpe é a súa primeira novela, con acontecementos centrados na súa terra natal. O libro é apto para público xuvenil e adulto.No ámbito musical, realizou o traballo artístico do disco Happiness Is the Road da banda Marillion . Colaborou no álbum Demon, da banda norueguesa Gazpacho, e ilustrou álbums das bandas Discanto, Harvest, The Wishing Tree, Nine Stones Close, John Jowitt´s arK, 50hz e The Dave.

En 2020 gañou o premio á mellor novela gráfica, coa obra A Chaira, unha obra especialmente ambiciosa na que dialogan abertamente tres das grandes vocacións de Seijas: a literatura, o debuxo e o deseño do propio libro como obra artística.

Ilustracións Os seus cómics formaron parte de varias exposicións en festivais. Creou logotipos para as marcas de música da David Lynch Foundation Music. O seu traballo aparece en diferentes iniciativas solidarias, como 4 Canciones de hambre y esperanza e Canción para un niño en la calle, campaña na que colaborou e conta con artistas como Steve Hogarth, Loquillo, Rebeldes, Lesli, Pep Sala ou Jorge Lorenzo. miniatura| Antonio Seijas co seu debuxo relacionado co disco "Fireworker" da banda Gazpacho. A serie de televisión La que se avecina conta con catro obras do ilustrador. Durante os episodios móstranse como parte da escenografía.

Obras

Colaboracións e ilustracións Revista Golfiño, número 67, 2003 Revista Na Vangarda, números 1 e 2, 2004 Fanzine das Xornadas, número 13, 2006 Colección Crepúsculo, números 14 e 47, 2007 Libro homenaxe a Joan Manuel Serrat, 2008 Sorrisos e boa Colleita, número 1, 2008 Amar unha serea, 2010, Galaxia. Ilustrador. Todo ben - Manuel Rivas, 2010, Xerais. Ilustrador. A casiña do chocolate, 2011 Words and music: Excursion in the art of rock fandom - Michael Bowdery, 2011 Cartas de inverno, 2012 The Balloon Race, 2012 O corazón de Xúpiter - Ledicia Costas, 2012 Trampa de Luz - Agustín Agra, 2012 Mere Mystery - Stace hartung, 2012 O castañeiro de abril, 2013 Nubes de evolución - Andrea Maceiras, 2013 Mediomedo, 2013 La Oruga en el Bosque Creciente, 2014 La oruga en el bosque creciente, 2014 Miña querida Sherezade, 2015 Amar unha serea, 2016 Miguel tiene un museo, 2017 Onde vai Carlos?, 2017 Doces cartas a María Victoria Moreno, 2018 María Victoria, Terra adiante - 2018 O soño da serpe, 2019 A auga, o dragón e o salgueiro chorón - 2019 O gato verde de La Casa de la Troya - 2019 La voz de los muertos - 2019 A Chaira - La Llanura - 2019 A boneca de cristal, 2021 Poderoso -Sérgio Klein

Libros

Un Hombre feliz (2007). Ediciones de Ponent. Prólogo de Miguelanxo Prado. ISBN 9788496730144 (2016). Un home feliz (2007). Lea Ed. ISBN 978-84-95444-81-3. La Luz (2014). Ediciones de Ponent. Prólogo de Álvaro Pons. ISBN 9788415944102. O soño da serpe (2019). Galaxia. ISBN 978-84-9151-305-6. Novela.

Poesía miniatura|Presentando Teorías do fin na Libraría Paz de Pontevedra en marzo de 2023 con César Lorenzo Gil e Ramón RozasTeorías do fin (2022). Aira Editorial. ISBN 978-84-124512-6-9. 72 páxs. Poesía. Os oito mitos de Palermo (2024). Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-128581-4-3.

Traballo como ilustrador - Álbums musicais

Firebird (Gazpacho), 2005 Night (Gazpacho), 2007 Happiness Is The Road (Marillion), 2008 Ostara (The Wishing Tree), 2009 Tick Tock (Gazpacho), 2009 4 Canciones de hambre y esperanza, 2009 Canción para un niño en la calle, 2009 Happiness Is Cologne (Marillion), 2009 Underground Community (Harvest), 2009 Gravity (The Dave), 2010 Live in Montreal Saturday (Marillion), 2010 Wild Untamed Imaginings (Ark), 2010 Missa Atropos (Gazpacho), 2011 Live in Montreal Sunday (Marillion), 2011 Neverland (Banda tributo a Marillion), 2011 March of Ghosts (Gazpacho), 2012 Music That Changes The World (Vários), 2012 Sounds That Can't Be Made (Marillion), 2012 One Eye On The Sunrise (Nine Stones Close), 2012 Chasing Time (Harvest), 2012 Between Air And Wing (Steve Merlin), 2012 Demon (Gazpacho), 2014 Northern Wind (Harvest), 2014 Beyond The Seventh Wave (Silhouette), 2014 Molok (Gazpacho), 2015 Leaves (Nine Stones Close), 2016 Traces 10th Anniversary Edition (Nine Stones Close), 2016 Complicated (Nine Stones Close), 2016 The World is Flat (Silhouette), 2017 Absorption Lines (Jet Black Sea), 2017 Soyuz (Gazpacho), 2018 Fireworker (Gazpacho), 2020 Tokyo Rain (The Wimshurst's Machine + Corrado Rossi) Nine Stone Close (One Eye On The Sunrise) London (Banda Gazpacho)

Premios

2º posto no concurso da revista cultural Desafío, 1994 Premiado no VII Certame de Debuxantes da VII Bienal de Caricatura de Ourense, 2004 Finalista no concurso de banda deseñada da Xunta de Galicia, 2004 2º posto no concurso de banda deseñada de O Alfaiate, na páxina web Empuje.net, 2005 1º posto no concurso de banda deseñada Ciudad de Dos Hermanas, 2005 3º posto no concurso de banda deseñada Mari Puri Express de Torrejón de Ardoz, 2005 2º posto no X Certame de Arteixo, 2005 Gañador do II Premio Castelao da Deputación da Coruña con "Un home feliz", 2006 Un hombre Feliz - Premio ao Mellor Guión, Salón do Cómic de Barcelona, 2008 Cartas de inverno - Premio Isaac Días Pardo ao Mellor Libro Ilustrado de Galicia, 2012 La Luz - Nomeado mellor traballo nacional de 2014 en Expocomic A Chaira - Nomeada mellor novela gráfica de 2020 na Gala do Libro Galego XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense 2021 por Teoría do fin.

Notas

Ligazóns externas

Páxina oficial Blog do autor

Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Ilustradores Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Ares