10 centavos de dólar Mercury "1 Dime "Mercury Dime"". Numista.com"Mercury Dime Specifications". Mercurydime.net135x135px135x135pxA/: alegoría da Liberdade cara á esquerda cun barrete frixio alado. Marca de gravador (AAW). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: fasces e póla de oliveira. Marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / ONE DIME Datas: 1916-1945. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: Adolph Alexander Weinman. Tiraxe total: 2.677.232.488 exemplares. Aliaxe: Ag (90 %) e Cu (10%). Diámetro: 17,90 mm. Peso: 2,50 g. Espesor: 1,00 mm. Canto: estriado.
A moeda de 10 centavos de dólar Mercury é unha moeda estadounidense de prata co valor facial de 10 centavos de dólar e emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos desde finais de 1916 ata 1945.
Deseñada por Adolph Alexander Weinman, colleu o seu alcume porque a representación no anverso dunha alegoría da Liberdade, identificable polo seu barrete frixio alado, se confundiu co deus romano Mercurio (Mercury en inglés). Crese que Weinman utilizou como modelo a Elsie Stevens, esposa do avogado e poeta Wallace Stevens. O reverso da moeda representa unha fasces, símbolo de unidade e da forza, e unha póla de oliveira, símbolo de paz.
En 1916, a moeda de 10 centavos, a de 25 centavos e a de medio dólar, coñecidas como "serie Barber" por estaren deseñadas polo gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, Charles E. Barber, levaban 25 anos cuñándose e podían ser substituídas polo Tesouro, do que forma parte a US Mint, sen autorización do Congreso. Os responsables da Casa da Moeda pensaron erroneamente que era obrigatorio cambiar os deseños e convocaron un concurso entre tres escultores, no que tamén participou o Barber, quen levaba 36 anos no seu posto. Seleccionáronse os deseños de Weinman para a moeda de 10 centavos e para a de medio dólar.
Aínda que o deseño da nova moeda de 10 centavos foi admirado pola súa beleza, a Casa da Moeda dos Estados Unidos modificouno a se decatar de que os fabricantes de máquinas expendedoras tiñan dificultades para facer funcionar a nova moeda nos seus aparellos. A moeda seguiu en produción ata 1945, cando o Tesouro ordenou que un novo deseño, no que aparecía o presidente Franklin Roosevelt, que falecera recentemente, ocupase o seu lugar. A moeda de 10 centavos Mercury volveuse a cuñar, mais en ouro e para o coleccionismo numismático, en conmemoración do seu centenario en 2016.
Antecedentes O 26 de setembro de 1890, o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lei que dispuña o seguinte:Richardson, W. A. (Ed.) (1891). Páxinas 806-807. 26 Stat L. 484, amendment to R.S. §3510.
A serie Barber estaba vixente na circulación desde 1892. Tratábase de moedas de prata de 10 centavos, dun cuarto de dólar e de medio dólar similares, todas deseñadas polo gravador xefe da Casa da Moeda Charles E. Barber. A introdución producírase logo dun concurso de deseño para substituír a serie Seated Liberty ("Liberdade sentada"), que se viñera cuñando desde a década de 1830.Breen, W. (1988). Páxinas 572-573. A Casa da Moeda ofrecera só un pequeno premio ao gañador, e todos os artistas invitados se negaron a presentar as súas obras. O concurso estaba aberto ao público e o comité de avaliación non achara proposta axeitada ningunha.Lange, D. W. (2006). Páxina 134. O daquela director da Casa da Moeda dos EEUU, Edward Leech, respondeu ao fracaso do concurso encargándolle a Barber a preparación de novos deseños para as moedas de 10 centavos, 25 centavos e medio dólar. Tras o seu lanzamento, a serie de moedas Barber suscitara un gran descontento entre a poboación.Lange, D. W. (2006). Páxinas 134-136.
A partir de 1905, as sucesivas administracións presidenciais intentaran achegar deseños modernos e fermosos ás moedas dos Estados Unidos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 12. Logo do redeseño das moedas de 20 dólares, de 10 dólares, de 5 dólares e de 2½ dólares entre 1907 e 1908, así como os redeseños das moedas dun centavo e de 5 centavos de 1909 e 1913, respectivamente, os defensores de substituír as moedas de Barber comezaron a avogar polo cambio cando expirou o prazo das moedas vixentes, en 1916. Xa en 1914, Victor David Brenner, deseñador do centavo Lincoln, presentaras deseños non solicitados para as moedas de prata, ao que se lle respondeu dicindo que o secretario do Tesouro, William G. McAdoo, estaba daquela completamente ocupado con outros asuntos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 13.
Inicio O 2 de xaneiro de 1915 publicouse no xornal Michigan Manufacturer and Financial Record unha entrevista co superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce:Carter, F. E. (1915).
miniatura|256x256px|O superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce (aquí nunha plaqueta de George T. Morgan), criticou o centavo Lincoln e outras novas cuñaxes por considerar que cuñaban mal. En xaneiro de 1915, o subsecretario do Tesouro, William P. Malburn, enviou ao secretario McAdoo un informe sobre a cuñaxe de moeda subsidiaria de prata, no que se sinalaba: "o medio dólar, o cuarto de dólar e a moeda de 10 centavos de prata actuais cambiáronse en 1892, polo que se pode adoptar un novo deseño en 1916. Isto pódese facer en calquera momento do ano".Burdette, R. W. (2005). Páxinas 13-14. A resposta de McAdoo foi: "que a Casa da Moeda presente deseños antes de que probemos con alguén alleo".Burdette, R. W. (2005). Páxina 14.
En abril de 1915, Robert W. Woolley asumiu o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos e o 14 dese mesmo mes pediulle ao superintendente Joyce que lle solicitase ao gravador xefe Barber —daquela no seu 36º ano no cargo— que preparase novos deseños. O mesmo día, Malburn solicitou a opinión do procurador do Departamento do Tesouro sobre a idea da Casa da Moeda de que podía cuñar novos deseños para os tres valores faciais en 1916. O 17 de abril, a Oficina do Procurador respondeulle non había inconveniente legal ningún para cambiar os deseños.Lange, D. W. (1993). "Chapter 1: History of the Mercury dimes". Nese momento, a Casa da Moeda estaba intensamente ocupada producindo a emisión de moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, e non se tomaron medidas inmediatas. En outubro, Barber foi convocado a Washington para discutir os deseños de moedas con Woolley, aínda que non se sabe con certeza se daquela xa tiña preparados esbozos para a nova cuñaxe.
O 3 de decembro, Woolley reuniuse coa Comisión de Belas Artes, á que lle pediu que vise os esbozos elaborados polo departamento de gravado da Casa da Moeda. Barber estivo presente para lles explicar o proceso de cuñaxe aos membros da Comisión. Woolley suxeriulles que, se non lles gustaba o traballo proposto pola Casa da Moeda, seleccionasen escultores que presentasen deseños propios para as novas pezas. A intención de Woolley era ter deseños distintos para a moeda de 10 centavos, a dun cuarto de dólar e a de medio dólar, xa que anteriormente as tres pezas foran case idénticas.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 14-15. O director informou a Comisión de que, como a moeda existente levaba 25 anos en uso, habería que cambiala obrigatoriamente, algo que o historiador numismático David Lange cualifica de "interpretación errónea das leis de cuñaxe".Lange, D. W. (1993). Páxina 3.
Á Comisión non lle gustaron os esbozos da Casa da Moeda presentados por Barber,Burdette, R. W. (2005). Páxina 16. polo que seleccionou os escultores Adolph Weinman, Hermon MacNeil e Albin Polasek para que presentasen propostas para as novas moedas. Os escultores poderían presentar varios esbozos. Aínda que a Casa da Moeda podía decidir utilizar un deseño para unha moeda non prevista polo seu escultor, os deseños non eran totalmente intercambiables, xa que por lei, tiña que aparecer unha aguia no reverso do cuarto de dólar e do medio dólar, pero non podía aparecer na moeda de 10 centavos. Woolley esperaba que cada escultor tivese éxito cunha soa peza.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 19-20. miniatura|182x182px|O director da Casa da Moeda, Robert W. Woolley (aquí nunha medalla de George T. Morgan), avogou pola fin da serie Barber."Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 156-157. Os tres escultores presentaron os seus esbozos a mediados de febreiro e o 23 dese mesmo mes reuníronse con Woolley en Nova York para lle presentar as súas obras e responder ás súas preguntas. Logo das conversas entre Woolley e McAdoo, o 28 de febreiro notificóuselle a Weinman que resultaran seleccionados cinco dos seus esbozos: os de ambas as faces das moedas de 10 centavos e de medio dólar, e o do reverso da moeda dun cuarto de dólar. O mesmo día, Woolley escribiulle a MacNeil para lle dicir que el se ocuparía do anverso do cuarto de dólar, e a Polasek para o informar da súa falta de éxito.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 22-23. Mais os membros da Comisión convenceron a Woolley de que non se lle debía confiar tanto a un só artista, polo que finalmente se lle permitiu a MacNeil deseñar ambas as faces do cuarto de dólar, sempre que modificase a súa proposta.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 26-27.
O 3 de marzo anunciáronse publicamente as novas moedas, nun comunicado de prensa no que se indicaba tamén que o Tesouro esperaba que a súa produción comezase nuns dous meses, despois de finalizados os deseños. Ese mesmo día, Woolley escribiulle ao gravador da Casa da Moeda Barber para lle comunicar formalmente que os seus esbozos foran rexeitados e que os modelos de Weinman e MacNeil chegarían á Ceca de Filadelfia como máis tarde o 1 de maio.Lange, D. W. (1993). Páxinas 4-5. Consonte o historiador numismático Walter Breen, Barber amosou unha actitude "túzara e nada colaborativa".Breen, W. (1988). Páxina 326. Lange sinala que se produciron "numerosas demoras mentres os artistas afinaban os seus modelos e, ao mesmo tempo, evitaban os obstáculos que Barber lles ía pondo no camiño. Malia ser bastante acertadas as súas observacións sobre moitos aspectos da cuñaxe, é evidente que poderían terse presentado dun xeito máis construtivo".Lange, D. W. (2006). Páxina 150. No seu libro sobre as moedas de 10 centavos Mercury, Lange sinala que Barber, á idade de 75 anos, se vira "obrigado nos últimos dez anos a participar na destrución sistemática dos logros de toda unha vida"; tivo que participar no proceso que deu lugar a que as moedas deseñadas por outros substituísen as deseñadas por el.Lange, D. W. (1993). Páxina 4.
Coas novas pezas, conseguiuse que todas as moedas estadounidenses en circulación tivesen un cambio recente de deseño —o dólar Morgan non se cuñaba daquela—.Vermeule, C. (1971). Páxina 139. Segundo unha columna publicada na revista The Art World máis tarde, en 1916:"The Administration and its Attitude to Art: The Coinage". En The Art World. The Kalon Publishing Company, Nova York. Vol. 1. Nº 1. Páxinas 19-20, 74. Outubro de 1916.
Deseño miniatura|232x232px|A estatua da Vitoria de 1909, obra de Weinman, no Monumento aos Soldados e Mariñeiros da Unión de Baltimore, amosa trazos semellantes aos dos 10 centavos Mercury.