thumb|200px|Debuxo dun toucador (1886). Un toucador é un moble que serve para enfeitarse e adobiarse, ou para arranxar o peiteado ou a disposición de calquera peza para cubrir a cabeza.
Con forma habitualmente de escritorio adoita constar dun espello e unha serie de caixóns onde se poden gardar os instrumentos, cosméticos, perfumes e adornos necesarios para tal fin. Adoita situarse no dormitorio ou peza contigua denominada tamén toucador.
Historia Os primeiros toucadores iniciáronse no Antigo Exipto e consistían nunhas caixas onde se almacenaba o necesario para un ritual de beleza.
En Europa a finais do século XVII foi onde se logrou o desenvolvemento dos toucadores, parecidos aos de hoxe en día.
Notas
Categoría:Mobiliario Categoría:Cosméticos