Valeria Jiménez Palmeiro, nada en Madrid en 1989, coñecida como Coco Dávez, é unha artista plástica española. Traballou en disciplinas como a fotografía, a pintura, o escaparatismo, o body painting e a escenografía.

Traxectoria En 2010 comezou a traballar como ilustradora para El Mundo, mentres residía en Londres. Coa colección Faceless fixo exposicións en Madrid, Lisboa e Santiago de Chile, e publicou un libro sobre a mesma co selo Lunwerg. Ilustrou a obra El año sin verano de Carlos del Amor.

Exhibicións Exhibicións individuais

2023: Partners In Time, Maddox Gallery, Londres 2019: Faceless, Maddox Gallery, Londres

Recoñecementos

Premio Elle Girls can do anything da revista Elle España na categoría de artes plásticas en 2018 Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Pintores da Comunidade de Madrid Categoría:Fotógrafos de España