A economía da República Checa está baseada en industrias siderúrxicas, de automóbiles, bebidas e cristais (o coñecido cristal de Bohemia). O país mantén unha agricultura baseada na produción de trigo para a exportación.

Tralo abandono da economía socialista, a comezos dos 1990, como outros países da súa contorna, Chequia comezou a ter un maior investimento estranxeiro en bens de consumo. As reestruturacións das industrias pesadas remataron en tan só unha década co sector terciario como o maioritario (59%).

As principais industrias son as do tratamento do aceiro, o ferro e de construción de maquinaria que están a pasar un custoso proceso de modernización. As exportacións trocaron nos últimos quince anos de Europa oriental cara ás economías tradicionalmente de mercado de Europa occidental. Trala crise de 1997 provocada por un importante aumento do déficit por conta corrente e déficit público; nos anos 2000 e 2001, o crecemento arredor do 10% levou o país a ingresar na Unión Europea cunha boa carta de presentación.

As reformas aínda están lonxe de finalizar, estando pendentes a transformación do sector inmobiliario, a privatización do sistema de saúde e do sector bancario e cuestións de tipo medioambiental.

Os maiores vendedores de créditos son Alemaña, Países Baixos e Estados Unidos. Os maiores socios comerciais son Alemaña e Eslovaquia.

A República Checa ingresou na Unión Europea o 1 de maio de 2004 e non se espera que adopte o euro antes de 2020 "Chequia descarta la adopción del euro antes de 2020". Na web de Radio Praha en castelán. (En castelán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa da Moeda da República Checa