Aida Marina Quilcué Vivas, nada en Páez, Cauca, é unha política, líder indíxena e social colombiana do pobo nasa. Pertence ao Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC), foi conselleira de dereitos humanos e da paz da UNESCO. En 2022 foi elixida ao Senado da República pola Circunscrición Especial Indíxena co aval do seu partido Movemento Alternativo Indíxena e Social (MAIS).

Traxectoria Na década dos 90 foi promotora de saúde da Asociación Indíxena do Cauca (AIC). No ano 2000 foi coordinadora do programa de saúde na AIC e no Consello Rexional Indíxena do Huila (CRIHU).

Entre os anos 2003 e 2009, foi nomeada conselleira maior do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC), sendo organizadora da Minga Indíxena de 2008 na que participaron miles de indíxenas que marcharon á cidade de Bogotá en protesta. En devandita mobilización faleceu o seu esposo Edwin Legarda o día 16 de decembro nun hospital de Popayán tras recibir tres tiros de fusil disparados por soldados na estrada que comunica Inzá con Totoró, no departamento do Cauca.Aministía Internacional: Colombia: Amnistía Internacional condena la muerte del esposo de una líder indígena Durante o xuízo e nos anos posteriores, Quilcué e a súa filla foron vítimas de ameazas de morte e atentados.

Candidatura presidencial O 9 de marzo de 2026, a coalición Pacto Histórico anunciou oficialmente a Quilcué como candidata á vicepresidencia do candidato presidencial Iván Cepeda para as eleccións dese ano, consolidando a súa posición como unha das figuras políticas máis relevantes dos movementos étnicos do país.

Recoñecementos En 2021 foi gañadora do Premio Nacional á Defensa dos Dereitos Humanos en Colombia, na categoría Defensa a Toda una Vida.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo nasa Movemento Alternativo Indíxena e Social

Categoría:Nados en Páez Categoría:Pobo nasa Categoría:Senadores de Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social