Medio dólar do Centenarioda Doutrina Monroe "½ Dollar Monroe Doctrine Centennial". Numista.com"1923 Monroe Doctrine Centennial Half Dollar". earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Bustos acaroados de James Monroe e de John Quincy Adams. Marca de ceca (S). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / 1923 / MONROE - ADAMS / HALF DOLLAR.R/: Dúas formas femininas que lembran a Norteamérica e a Suramérica. Marca de gravador (monograma CB). Lendas: MONROE DOCTRINE CENTENNIAL /1823 1923 / LOS ANGELES Data: 1923. Ceca: Casa da Moeda de San Francisco (marca de ceca: S). Gravador: Chester A. Beach Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 274.077 exemplares. Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe foi unha moeda dese valor facial emitida en 1923 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de San Francisco, en conmemoración do centenario da Doutrina Monroe."Monroe Doctrine Centennial Half Dollar". United States Mint.
No seu anverso amósanse os bustos dos presidentes estadounidenses James Monroe e John Quincy Adams. Os deseños de ambas as faces da moeda son obra do escultor Chester A. Beach, aínda que o reverso parece estar baseado nunha obra anterior do pintor Raphael Beck.
En 1922, a industria cinematográfica enfrontouse a unha serie de escándalos, entre eles a acusación de homicidio involuntario contra a estrela do cime mudo Roscoe "Fatty" Arbuckle. Malia resultar absolto finalmente, os executivos do cine procuraron xeitos de limpar a imaxe de Hollywood cunha boa publicidade, e un dos medios foi unha exposición que se celebraría nos Ánxeles a mediados de 1923. Como pretexto para inducir o Congreso a autorizar a emisión dunha moeda conmemorativa como vía de financiamento desta feira, os organizadores decidiron asociar a exposición co centenario da Doutrina Monroe, co que lograron a aprobación da lei que autorizou a desexada moeda de medio dólar conmemorativa.
A exposición foi un fracaso financeiro. As moedas non se venderon ben e a maior parte das máis de 270.000 cuñadas acabaron póndose en circulación. Beach enfrontouse a acusacións de plaxio pola similitude do deseño do reverso coa obra de Beck, aínda que tanto el como o seu colega escultor James Earle Fraser negaron calquera irregularidade. Moitas das pezas que se venderan cun sobreprezo e que foran gardadas polos coleccionistas e os especuladores acabaron gastándose durante a Gran Depresión e a maioría das que sobreviviron amosan claros signos de desgaste pola circulación.
Antecedentes
A principios da década de 1820, os Estados Unidos consideraron inoportunas dúas inxerencias de potencias europeas na súa zona de influencia. A primeira foi a Ukase rusa de 1821, que reivindicaba dereitos territoriais e comerciais exclusivos ao longo de gran parte do que logo foi a costa canadense do Pacífico. Os Estados Unidos consideraban que esta zona formaba parte do País de Oregón e esperaban chegar a controlala. A segunda inxerencia derivaba das posibles ameazas europeas contra as nacións latinoamericanas, que acababan de independizarse de España. As autoridades estadounidenses temían que unha cuádrupla alianza de Prusia, Austria, Rusia e Francia lle devolvese a España o poder en América.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 56-57.
miniatura|330x330px|O presidente James Monroe preside unha reunión do seu gabinete en 1823, sobre a Doutrina Monroe. John Quincy Adams é o primeiro pola esquerda e Monroe está en pé."Monroe Doctrine, 1823". Granger. Historical Picture Archive.
Ao ministro de Asuntos Exteriores británico, George Canning, preocupáballe que, no caso dunha restauración española en América Latina, a súa nación perdese a capacidade de comerciar alí que gañara desde a expulsión dos españois. En 1823, propúxolle ao ministro estadounidense en Gran Bretaña, Richard Rush, que as súas dúas nacións emitisen unha declaración conxunta contra a retoma das antigas colonias españolas pola forza. Rush pediu instrucións ao presidente James Monroe, e este consultou cos seus predecesores, Thomas Jefferson e James Madison, que estaban a favor da declaración conxunta, xa que unha alianza con Gran Bretaña protexería os Estados Unidos. No entanto, o secretario de estado de Monroe, o futuro presidente John Quincy Adams, considerou que se os Estados Unidos ían expor os seus principios, debían falar por si mesmos e non parecer que seguían o exemplo de Gran Bretaña. En consecuencia, Rush recibiu instrucións de declinar a oportunidade de subscribir unha declaración conxunta, aínda que debía informar os británicos de que ambas as nacións estaban de acordo na maioría das cuestións.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 56.
A política que, uns 30 anos máis tarde, se coñecería como a Doutrina Monroe estaba contida na mensaxe anual do presidente ao Congreso o 2 de decembro de 1823, na que se advertía ás nacións europeas contra novas aventuras coloniais nas Américas e contra a interferencia cos gobernos do hemisferio occidental. A doutrina tivo pouco efecto práctico naquel momento, xa que os Estados Unidos carecían da capacidade para a facer cumprir militarmente e a maioría das potencias europeas a ignoraron, por consideraren que estaba por baixo da súa dignidade mesmo responder a tal proclamación. Cando varias potencias europeas enviaron homes a colonizar as Güianas na década de 1830, os Estados Unidos non emitiron ningunha protesta formal. A guerra entre México e os Estados Unidos de 1846-1848, e a conseguinte cesión mexicana, aumentou a desconfianza de Latinoamérica cara á doutrina, xa que moitos ao sur da fronteira pensaban que o propósito dos Estados Unidos, ao advertir ás potencias europeas de que se mantivesen arredadas, era adquirir as terras para si. Porén, a Doutrina Monroe converteuse nunha parte importante da política exterior dos Estados Unidos na segunda metade do século XIX e no século XX.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 55-57.
Inicio miniatura|Un escándalo no que se viu envolta a actriz Mabel Normand foi un dos sucesos que conduciron á emisión do medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe. En 1922, a industria cinematográfica de Hollywood tiña graves problemas. Establecida na zona dos Ánxeles durante a década de 1910, logo de se trasladar desde lugares do leste como Fort Lee, Nova Jersey, a industria vírase sacudida por unha serie de escándalos, entre eles a misteriosa morte a tiros do director de cine William D. Taylor e o posterior testemuño evasivo ao respecto da actriz Mabel Normand, que contribuíu a destruír a súa carreira. Outro escándalo notorio de principios dos anos vinte foi a morte da actriz Virginia Rappe logo dunha orxía nun hotel de San Francisco. O actor Roscoe "Fatty" Arbuckle, despois de tres xuízos, foi absolto de homicidio involuntario, mais a publicidade negativa acabou tamén coa súa carreira. Estes escándalos, xunto coa morte do protagonista Wallace Reid por unha sobredose de drogas e unha serie de casos de sexo explícito en pantalla, provocaron un boicot ás películas de Hollywood en todo o país.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 167-168.Cregan, B. (2008). Páxinas 24-25.
Os magnates do cine procuraron medios para controlar os danos producidos na industria. Contrataron o antigo director xeral do Servizo Postal dos EEUU Will H. Hays, como censor da industria, e a partir de entón o chamado Código Hays rexería o grao de explicitude das películas durante décadas. Outra das ideas que xurdiu para dignificar a industria cinematográfica foi a organización dunha exposición e un festival de cine que amosase a mellor das faces do sector, cuxos beneficios se destinarían á realización de películas educativas.Cregan, B. (2008). Páxina 25. A planificación desta feira, que se celebraría nos Ánxeles a mediados de 1923, comezou en 1922. Do mesmo xeito que noutras feiras, como a Exposición Colombiana e a Exposición Panamá-Pacífico, procurouse a emisión de moedas conmemorativas para recadar fondos; os organizadores buscaron a aprobación dunha peza para a feira cinematográfica.Pike, W. E. (2003). Páxina 48.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 166. A cidade dos Ánxeles quería utilizar a feira para demostrar que alcanzara a maioría de idade, como fixeran Chicago e San Francisco coas súas respectivas grandes exposicións.Garofalo, M. (2015). Páxina 36.
Conscientes de que o Congreso dos Estados Unidos non aprobaría unha moeda para conmemorar unha celebración da industria cinematográfica, os organizadores procuraron un acontecemento histórico cun aniversario importante que tivese lugar en 1923 e que puidese ser homenaxeado tanto na feira como na moeda. O candidato obvio era a Boston Tea Party de 1773 pero, segundo os numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen, no seu volume sobre moedas conmemorativas dos EEUU, ese episodio "non podía ser distorsionado para que tivese nin a máis vaga relevancia para California, e moito menos para Os Ánxeles". O 18 de decembro de 1922, o congresista californiano Walter Franklin Lineberger presentou un proxecto de lei para cuñar unha moeda de medio dólar en conmemoración do centenario da Doutrina Monroe, concedéndolle á Cámara de Compensación dos Ánxeles (Los Angeles Clearing House) —unha asociación de bancos—Swiatek e Breen suxiren que se designou a Clearing House como entidade patrocinadora para que o asunto parecese menos relacionado coa controvertida industria cinematográfica. Véxase Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 166-167. o dereito exclusivo de comprar as pezas ao Goberno ao seu valor nominal para logo as revender cunha prima e obter un beneficio. Lineberger afirmou que a Declaración de Monroe mantivera a California, daquela propiedade de México, fóra do alcance das potencias europeas. O proxecto de lei foi cuestionado na Cámara de Representantes polo congresista de Míchigan Louis Cramton, e no Senado por Frank Greene, de Vermont, quen declarou: "Coido que a cuestión non é vender unha moeda a un valor ou nun lugar determinados; a cuestión é se o Goberno dos Estados Unidos vai seguir ano tras ano sometendo a súa moeda a este latrocinio". Malia estas obxeccións, o proxecto de lei foi promulgado o 24 de xaneiro de 1923, e autorizouse a cuñaxe dun máximo de 300.000 pezas."Monroe Doctrine Centennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint.
Preparación miniatura|O creador da moeda, Chester A. Beach, en 1910. Os organizadores da feira non esperaron a aprobación do Congreso para empezar a planificar a moeda. Segundo Swiatek e Breen, o director xeral da feira, Frank B. Davison, concibiu a idea dos deseños. O 7 de decembro de 1922, o presidente da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, Charles Moore, escribiu ao deseñador da moeda de 5 centavos Buffalo e escultor membro da comisión, James Earle Fraser: "A xente dos Ánxeles está planeando celebrar o centenario da Doutrina Monroe. Van ter unha peza de 50 centavos e decidiron que no anverso estean as cabezas do presidente Monroe e de John Quincy Adams [...] No reverso estarán os continentes occidentais desde a Baía de Hudson ata o Cabo de Fornos con algúns puntos para as Indias Occidentais e algunha indicación da Canle de Panamá [...] Coido que, logo de que se establezan os deseños, os modelos [de xeso] poderían elaborarse con bastante facilidade, e que se podería facer unha cousa moi fermosa".Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 167.Taxay, D. (1967). Páxinas 62-63.
Fraser púxose en contacto co escultor neoiorquino Chester Beach, que aceptou realizar o traballo. O 27 de decembro, Moore escribiu a Davison para o informar da contratación de Beach e de que Fraser e Beach decidiran cambiar o reverso. Moore citou a descrición de Beach do deseño revisado:Taxay, D. (1967). Páxina 63.