Corey Scott Feldman, nado nos Ánxeles o 16 de xullo de 1971 é un actor estadounidense. Alcanzou o estrelato moi novo na década de 1980, con papeis en películas como Gremlins (1984), Os Goonies (1985) e Conta comigo (Stand by Me, 1986). En 1987, Feldman protagonizou a película de terror The Lost Boys xunto con Corey Haim; os dous foron coñecidos como "The Two Coreys" e apareceron xuntos noutros filmes, incluíndo License to Drive (1988) e Dream a Little Dream (1989).

Traxectoria Corey Scott Feldman é o segundo dos cinco fillos que naceron de Sheila e Bob Feldman, un músico que finalmente posuía a súa propia axencia de talentos. miniatura| Corey Feldman nos Premios da Academia de 1989.|esquerda Comezou a súa carreira aos seis anos no programa de televisión Mickey Mouse Club, nos anos 70. No cine, debutou na película Friday the 13th - The Final Chapter. Nesta película interpretou o papel de Tommy Jarvis, irmán da protagonista Trish Jarvis, interpretada por Kimberly Beck. Tamén traballou no vídeo musical Last Friday Night (TGIF) de Katy Perry, no que interpretou o papel de Kirk Terry, pai da protagonista Kathy Beth Terry (álter ego da cantante). En 2015, interpretou o papel de Magnus no Story Mode do videoxogo Minecraft de Telltale Games.

En marzo de 2018, o actor sufriu un ataque, ao ser apuñalado por unha persoa descoñecida, só unha semana despois de prestar testemuño á policía sobre os casos de pederastia que sufriu entre bastidores das películas que realizou nos anos 80 e de ameazas nas redes sociais.

Filmografía

1984 - Friday the 13th; The Final Chapter - Tommy 1984 - Gremlins - Pete 1985 - Friday the 13th: A New Beginning - Tommy 1985 - Os Goonies - Boca 1986 - Stand by Me - Teddy Duchamp 1987 - The Lost Boys - Edgar Frog 1988 - License to Drive - Dean 1989 - The 'Burbs - Rick 1990 - Exile / A Deserted Island Adventure - Schenke 1991 - Rock 'n' Roll High School Forever - Jesse Davis 1996 - Bordello of Blood - Caleb Verdoux 2000 - The Million Dollar Kid 2001 - Citizen Toxie: The Toxic Avenger IV - Dr.Kinky Finkelstein 2004 - Puppet Master vs Demonic Toys - Robert Toulon 2008 - Lost Boys 2: The Tribe - Edgar Frog 2010 - Lost Boys 3: The Thirst - Edgar Frog 2015 - Modo Historia de Minecraft - Magnus Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados nos Ánxeles