Desulfovibrio é un xénero de bacterias redutoras do sulfato gramnegativas. As especies de Desulfovibrio atópanse comunmente en ambientes acuáticos con altos niveis de materia orgánica, así como en solos asolagados e forman os principais membros das comunidades de hábitats oligotróficos extremos, como acuíferos en rochas granticas fracturadas. Son bacilos curvos con flaxelación polar non esporulados, que conteñen desulfoviridina.
Utilizan o lactato, piruvato, etanol e certos ácidos graxos como doantes de electróns, reducindo o sulfato a sulfuro. Para cultivalas utilízase un medio anóxico con lactato, sulfato e ión ferroso. O ión ferroso reacciona co ácido sulfhídrico orixinado a partir do lactato, formando un precipitado negro de sulfuro de ferro. Despois íllanse as bacterias en cultivos anaerobios en tubos xiratorios ou placas de Petri, cámaras para anaerobios ou tubos de ágar fundido.
Igual que outras bacterias redutoras do sulfato, Desulfovibrio é considerada un anaerobio obrigado.Madigan M. T., Martinko J. M., Parker J. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Pearson-Prentice Hall. Páxinas 395-398. ISBN 84-205-3679-2 Pero, aínda que o seu crecemento está limitado en presenza de O2, estas bacterias poden sobrevivir en ambientes con O2, polo que serían aerotolerantes, debido a que posúen varias encimas oxíxeno redutases.Ramel F, Brasseur G, Pieulle L, Valette O, Hirschler-Réa A, Fardeau ML, Dolla A. Growth of the obligate anaerobe Desulfovibrio vulgaris Hildenborough under continuous low oxygen concentration sparging: impact of the membrane-bound oxygen reductases. PLoS One. 2 de abril de 2015; 10(4):e0123455. doi: 10.1371/journal.pone.0123455. PMID 25837676 ; PMCID: PMC4383621.
En anos recentes observouse que algunhas especies de Desulfovibrio teñen un potencial na biorremediación de radionúclidos tóxicos como o uranio por un proceso de bioacumulación redutora.
Filoxenia
A taxonomía actualmente aceptada está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)
Baseado no ARNr 16S (LTP_01_2022) Baseado en 120 proteínas marcadoras (GTDB 07-RS207) Especies non asignadas: "D. caledoniensis" Tardy-Jacquenod et al. 1996 "D. cavernae" Sass & Cypionka 2004 "D. diazotrophica" Sayavedra et al. 2021 "D. halohydrocarbonoclasticus" Zobell 1947 "D. hontreensis" Tarasov et al. 2015 "D. lacusfryxellense" Sattley & Madigan 2010 "D. multispirans" Czechowski et al. 1984 "D. oliviopondense" Qatabi Sr. 2007 "D. oryzae" Ouattara et al. 2000b "D. rubentschikii" (Baars 1930) ZoBell 1948 "D. singaporenus" Sheng et al. 2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Desulfovibrio