O neoludismo ou novo ludismo é unha corrente filosófica que se opón ao desenvolvemento tecnolóxico e científico da sociedade moderna.Brosnan, M.J. (1998). Technophobia: the psychological impact of Information Technology. pg 155. London: Routledge. Este termo aplícase ás persoas que rexeitan o progreso tecnolóxico, e asóciase ao legado dos luditas británicos, activos entre 1811 e 1817.

O neoludismo baséase na preocupación polo impacto tecnolóxico negativo sobre as persoas, as súas comunidades e o medio ambiente. O neoludismo estipula o uso do principio de precaución para todas as novas tecnoloxías, esixindo que estas tecnoloxías sexan probadas e seguras antes de ser adoptadas pola sociedade, debido aos efectos descoñecidos que podería traer a súa implantación.

Notas

Categoría:Teorías políticas Categoría:Teorías da conspiración Categoría:Internet