miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Togo, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Togo ratificou a convención o 15 de abril de 1998, convertendo os seus lugares elixíbeis para a súa inclusión na lista. No ano 2023, Togo tiña un único lugar Patrimonio da Humanidade, Koutammakou, país dos batammariba, o cal comparte con Benín.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Togo Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Koutammakou, país dos batammariba200px|Rexión de Kara 2004 1140; V, VI (cultural)A paisaxe de Koutammakou, no nordeste de Togo e no veciño Benín, é o fogar dos batammariba, cuxas notables casas-torre de barro son coñecidas como takienta (sikien en plural). A natureza está fortemente asociada cos rituais e crenzas da sociedade aquí. A paisaxe é excepcional pola arquitectura das casas-torre que reflicten a estrutura social; as súas terras de cultivo e bosque; e as asociacións entre persoas e paisaxe. Os edificios agrúpanse en aldeas, que inclúen tamén espazos cerimoniais, fontes, rochas sagradas e lugares reservados para cerimonias de iniciación.
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. Togo mantén 4 propiedades na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónAglomeración Aného-Glidji150pxRexión Marítima2021 III, IV (cultural)Gráneros en serie das covas de Nok, Mamproug, Kouba e Bagou150pxRexión das Sabanas2021IV, VI (cultural)Sitios metalúrxicos do ferro antigos de BassarRexión de Kara2021IV, VI (cultural)Parque Nacional de Fazao Malfakassa150pxRexión Central, Rexión de Kara2021X (natural)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país