Manuel Pena Villar, de nome artístico Manel Cráneo, nado na Coruña en 1973, e un debuxante, ilustrador e músico galego.
É un artista e emprendedor de perfil multidisciplinar: historietista, ilustrador, prologuista, humorista, gráfico, caricaturista, guionista, debuxante, articulista, tradutor, colorista, portadista, autor, asesor, técnico, editor e animador.
Traxectoria Estudou deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios Aplicados Pablo Picasso da Coruña.
Na década de 1990 promoveu fanzines. Participou nas dúas etapas da revista Golfiño coa serie "A fraga Milmañas" con guións de Carlos Amil. Colaborou con A torre dos mouros, Viralatas, Os áridos, 10 anos de BD galega, Caña, Ovo, BD Banda, Barsowia e Subterfuge. Tamén en Dos Veces Breve, GPS, Costra de Postre, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual, Boletín Galego de Literatura.
Traballou en cartelismo e publicidade, foi o responsable do storyboard de diversos filmes como O lapis do carpinteiro e curtametraxes como A ti como se che di adeus.
A súa obra ten sido exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba.
Foi promotor con Kike Benlloch do Colectivo Chapapote, durante a catástrofe ecolóxica do Prestige. En 2003, foi co-fundador e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Como editor, fundou en 2009 Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada en galego que dirixe desde entón.
Como produtor cultural, fundou, en 2015, a plataforma Coruña Gráfica. Dirixiu o Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia en Lugo. É director tamén do festival Viñetas desde o Atlántico na Coruña.
Comisariou multitude de mostras colectivas de autores galegos e internacionais en Galicia e Portugal. miniatura|Presentación de Nuestra ceniza xunto con Xavier Alcalá (autor da novela) e Natalia Mosquera (editora). Libraría Paz, Pontevedra, 08/11/2025 Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error!
Obra
Roxín Roxal. A daga do conde (2022). Demo Editorial. ISBN 9788412469530. Con Brais Fierro.
Serie Diario de Pichuk
Diario de Pichuk. Quen é Pichük? (2010). Everest Galicia. ISBN 9788440311658. Diario de Pichük. As minchas de Aridöndia (2010). Everest Galicia. ISBN 9788440311665. Diario de Pichük. O temible Lampönak (2011). Everest Galicia. ISBN 9788440311764. Diario de Pichuk. O agradecido zigüt (2011). Everest Galicia. ISBN 9788440311771. Diario de Pichuk. O longo longöbio de Longölia (2012). Everest Galicia
Álbum
Dámsmitt (2006). Dibbuks. Guión de Kike Benlloch. Os lobos de Moeche (2009). Demo Editorial. Reeditado en 2012. Cousas de mortos (2012). Demo Editorial. A Fraga Milmañas (2013). Demo Editorial. Guión de Carlos Amil. Destino Hërgüss (2015). Demo Editorial, dentro do universo do Planeta Mincha. A nosa cinza (2023). Demo Editorial. ISBN 978-84-126-120-9-7). Baseado na novela do mesmo título de Xavier Alcalá. Nuestra ceniza (2025). La Cúpula. ISBN 978-84-10-26438-0). Baseado na novela de Xavier Alcalá.
Fanzine
Nicasso (1994). Varios. Castelán Macabro (1995). Varios. Castelán Craneografía (1995). Castelán Merienda de locos (1997). Varios. Castelán Os rústicos da guadaña (1997). Craneofília (1998). Castelán.
Ilustración de libro infanto-xuvenil
Nano (2007). Concha Blanco. Historias que contan as paredes (2008). Ana María Fernández. Chamádeme Simbad (2009). Francisco Castro. Carapuchina "en rose" (2010). Ánxela Gracián. Vento e chuvia (2015). Manuel Gago. A nosa cinza (2016). Xavier Alcalá. Con Alfredo Ferreiro.
Premios
1993: Accésit no III Certame Ourense de BD por "O párroco de Algures". 1994: Accésit por "Rosario", no IV Certame Ourense de BD. 1995: Accésit no XI Concurso Galego de BD por "Muller na estrada". 1996: 4º premio no XII Concurso Galego de BD por "Centro Psiquiátrico Xudas Iscariote". 1997: 3º premio no XIII Concurso Galego de BD. 1998: Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de García Lorca (Granada). 1999: Sexto premio do XV concurso galego de banda deseñada Xuventude polo cómic "Tío Toné". 2002: 4º premio do III Certame Galego de Imaxe Artística (categoría A, 23-30 anos), pola historia "Miña lúa". 2003: 4º premio do IV Certame de Imaxe Artística 2003 (categoría A) por "Un branco moi negro". 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego por Roxín Roxal. A daga do conde, con Brais Fierro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
manelcraneo.blogspot.com craneomortem.blogspot.com planetamincha.blogspot.com
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1973 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia