O xenocidio do Putumayo é o termo empregado para facer referencia aos anos de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company contra os pobos indíxenas da Amazonia, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá durante a época de 1879 e 1912 en plena febre do caucho. Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.
Contexto miniatura|250px|Julio César Arana con gardas de Scotland Yard chegados dende Barbados. O goberno peruano cedeu á Peruvian Amazon Company a potestade de representación nos territorios amazónicos ao norte de Loreto. O fundador da compañía, Julio César Arana, comezou unha política de pago por control de terras onde as súas hostes privadas, mercenarios de Scotland Yard traídos dende Barbados,Davis, Wade: El río: exploraciones y descubrimientos en la selva amazónica, pp. 283-284. obrigaban aos pobos indíxenas a traballar en troques de «favores e protección». O indíxena non podía negarse porque remataba sendo raptado por mercenarios pagados pola compañía. Xa dentro da empresa, os indíxenas eran sometidos a procesos de illamento en zonas remotas para recoller caucho en condicións inhumanas e se non cumprían coa cantidade requirida eran castigados até a morte ou eran desaparecidos polos castigadores nos chamados campos lejanos, onde se aniquilou ao 90% das poboacións amazónicas.
Reaccións ao xenocidio Denuncias de Walter Hardenburg e Roger Casement En 1909, o enxeñeiro estadounidense Walter Hardenburg publicou Putumayo: The Devil’s Paradise onde denunciou os feitos que ocorrían coa explotación do caucho en territorios colombiano e peruano. miniatura|250x250px|Casement con amerindios da conca do río Putumayo. En 1906, foi denunciado polo irlandés Roger Casement perante os gobernos occidentais sobre os excesos cometidos por Arana. En 1912 publicou o Libro Azul Británico. Informe y otras cartas sobre las atrocidades en el Putumayo denunciando a morte até a data de cando menos 40.000 persoas, obtendo só un xuízo por «maltrato laboral» contra a Peruvian Amazon Company. En 1913, deuse a orde de pechar devandita empresa sen obter un xuízo por crimes de lesa humanidade contra Arana, o cal era a principal meta de Casement.
Tratado dos límites fronteirizos entre Colombia e o Perú En 1933, os gobernos do Perú e Colombia asinaron o Tratado Salomón-Lozano onde o primeiro cedía a zona entre os ríos Putumayo e Caquetá ao segundo. Por mor disto, a Peruvian Amazon Company desprazou forzosamente a varios amerindios cara ás zonas do río Napo e o río Amazonas para non competir coas empresas colombianas de caucho. Malia isto, a compañía seguiu administrando varias sucursais en Puerto Arica, La Chorrera, La Victoria entre outros. Neste proceso diminuíron os reportes de masacres realizados por caucheiros.
Matanza e abusos despois do tratado dos límites miniatura|250x250px|A Casa Arana, outrora propiedade da Peruvian Amazon Company, en La Chorrera, no presente é un monumento nacional de Colombia. Despois da guerra colombo-peruana de 1933 durante a colombianización das rexións de Putumayo e Caquetá rexistráronse novos sucesos de torturas cometidas polas autoridades do goberno colombiano para asimilar as poboacións que se resistían a cambiar de nacionalidade, o cal provocou un éxodo de amerindios e mestizos ao Perú. En 1969, Colombia pagou unha indemnización de 200 mil dólares á Casa Arana, mais non reparou material nin moralmente ás vítimas do xenocidio. A Casa Arana é hoxe un lugar da memoria do xenocidio do Putumayo contra as comunidades amazónicas.
Desculpas públicas do goberno colombiano No ano 2012, o presidente Juan Manuel Santos, pediu perdón ás comunidades amazónicas polos feitos ocorridos durante eses anos.
Na cultura popular Mario Vargas Llosa no seu libro El sueño del celta. José Eustasio Rivera na súa novela La vorágine. Ciro Guerra no seu filme El abrazo de la serpiente. César Uribe na súa novela Toá, narraciones de caucherías (sobre a explotación dos traballadores do caucho na Amazonia colombiana).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos La memoria de las mariposas Xenocidio matsé
Ligazóns externas Julio César Arana y Sir Roger Casement.Destinos Cruzados. El caucho, un comercio infame. La Casa Arana en el Putumayo. El Caucho y el Proceso Esclavista.
Categoría:Masacres en Colombia Categoría:Masacres no Perú Categoría:Historia de Colombia Categoría:Historia do Perú Categoría:Colonialismo Categoría:Abusos dos dereitos humanos Categoría:Xenocidio