Naturgy (anteriormente, Gas Natural Fenosa), cuxo nome legal é Naturgy Energy Group, S. A. (NEGSA), é unha empresa española que opera nos sectores eléctrico e gasístico. A súa sede operativa está en Barcelona, mentres que o seu domicilio social sitúase en Madrid. O seu actual presidente executivo é Francisco Reynés.
Naturgy é unha das tres grandes compañías do sector eléctrico en España, que xunto a Endesa e Iberdrola, dominan en torno ao 90 % do mercado eléctrico nacional. Naturgy desenvolve actividades de aprovisionamento, xeración, distribución e comercialización de electricidade e gas natural.
En 2021 estivo entre as 10 empresas que emitiron máis toneladas equivalentes de CO2 en España con 4,9 Mt.
Distribución de gas e electricidade
Distribución de gas miniatura|Central térmica de ciclo combinado da compañía en Sant Adrià de Besòs compartida ao 50 % con Endesa Naturgy distribúe gas natural no mercado doméstico-comercial (fogares e comercios que utilizan o gas natural como combustible en caldeiras de auga, calefacción ou na cociña), e no mercado industrial de grandes clientes que utilizan o gas como combustible nos seus procesos industriais.
A compañía controla por completo o mercado de distribución español, onde vende o gas natural a 5 millóns de clientes de máis de mil municipios. O seu segundo mercado é Italia, con máis de 400 000 clientes. Ao outro lado do Atlántico, é o primeiro operador de distribución de gas natural de Iberoamérica, con presenza na Arxentina, o Brasil, Colombia e México, onde suman máis de 6 millóns de clientes.
Distribución de electricidade A compañía realiza a actividade de distribución eléctrica en España, Moldova e Latinoamérica. Un dos principais negocios de Naturgy, é a distribución de electricidade a pequenos usuarios, tanto a consumidores residenciais, como a pemes e grandes empresas. En España opera como Unión Fenosa Distribuidora. miniatura|235x235px|Distribuidoras máis imporantes. Son as empresas que manteñen as redes de transporte e distribución en cada zona:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Naturgy Comercializadora Regulada Unión Fenosa Distribuidora
Categoría:Ibex 35 Categoría:Empresas eléctricas Categoría:Empresas de España