Manuel Mayán Pais, nado cara a 1905 e finado en Cee o 7 de abril de 1989, foi un político galego.

Traxectoria

Fundador de Falange en Cee. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Cee.El Ideal Gallego, 6-11-1936, p. 4. Foi nomeado alcalde de Cee en 1938. Volveu ser alcalde de Cee en setembro de 1950,El Ideal Gallego, 19-9-1950, p. 3. e novamente en 1955. Finou en Cee o 7 de abril de 1989 con 83 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-4-1989, p. 63.

Vida persoal

Casou con Rita Mayán Rodríguez e foi pai de Olga, Rita, Irma e María Jesús Mayán Mayán. Notas

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1989