Gridsphere foi o nome de dous satélites de comunicacións experimentais pasivos da Forza Aérea dos Estados Unidos

Características Os dous satélites Gridpshere formaban parte do experimento AVL-802 formado por estes dous satélites, por Rigidsphere (unha esfera para medir a densidade da atmosfera superior) e por unha esfera de milar reflectora para comparar as características reflectoras desta e dos dous Gridspheres.

Os Gridspheres consistían en cadansúa grilla esférica contida nun globo de material fotolizable de tal xeito que unha vez en órbita os globos infláronse, expandindo a grilla, para a continuación desintegrarse pola acción dos raios ultravioleta do Sol, deixando so a estrutura esférica formada polos arames reflectores usados como reflectores pasivos para comunicación desde terra. A estrutura presentaba moito menos rozamento atmosférico que os globos reflectores lanzados ata daquela.

O primeiro intento de lanzar o experimento AVL-802 cos Gridspheres tivo lugar o 16 de agosto de 1968, pero o foguete, un Atlas SLV-3 Burner-2, fallou. O segundo intento, o 7 de agosto de 1971, mediante un Atlas-E/F, puxo en órbita o conxunto de esferas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Atlas E/F

Categoría:Satélites artificiais