Os luns ó sol (en ) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta foi produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo, sendo estreada en 2002. Obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios Premios Mestre Mateo e varios premios Goya. Foi galardoado co Premio Mestre Mateo ó mellor filme na 1ª edición dos premios.

Sinopse O escenario desta película é unha cidade costeira de Galiza. Os protagonistas son un grupo de amigos que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Personaxes miniatura|Celso Bugallo. Javier Bardem como Santa Luís Tosar como José José Ángel Egido como Lino Nieve de Medina como Ana Enrique Villén como Reina Celso Bugallo como Amador Joaquín Climent como Rico Aida Folch como Nata Fernando Tejero como Lázaro Laura Domínguez como Ángela

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado1ª ediciónMellor filmeElías Querejeta GañadorMellor actorLuís Tosar GañadorMellor actor secundarioCelso Bugallo GañadorMellor actor secundarioJosé Ángel EgidoNomeado

Goya Premio á mellor película. Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa. Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem. Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar. Premio ó mellor actor revelación para José Ángel Egido. Nomeamento a mellor actriz revelación para Nieve de Medina. Nomeamento ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral). Nomeamento á mellor montaxe. Unión de Actores: Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem. Premio ó mellor actor de repartimento para Joaquín Climent. Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina. Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar. Nomeamentos ó mellor actor revelación e secundario para José Ángel Egido. Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar. Festival de San Sebastián: Cuncha de ouro á mellor película. Premio Ondas á mellor película española. Fotogramas de Plata. Premio á mellor película. Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem. Premios do cine europeo: Nomeamento a mellor actor para Javier Bardem. Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa. Nomeamento a mellor actriz para Nieve de Medina. Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos. Premio á mellor película. Premio ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral). Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem. Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa. Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar. Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina. Nomeamento ó mellor actor secundario para José Ángel Egido. Nomeamento a mellor fotografía, montaxe, música orixinal. Premios ACE: Premio ó mellor actor para Javier Bardem. Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina. Nomeamento a mellor película. Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa. Nomeamento a mellor actor secundario para Luís Tosar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

Ligazóns externas Ficha no Consello da Cultura Galega

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Fernando León de Aranoa Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes gañadores da Cuncha de Ouro Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Premio Ondas Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película