High Energy Transient Experiment 2 ou HETE 2 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 9 de outubro de 2000 mediante un foguete Pegasus H desde Kwajalein.
Características A misión de HETE 2, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta, levando a cabo a misión que HETE 1 non puido ao fallar o foguete lanzador.
O observatorio tiña tres instrumentos:
FREGATE, un conxunto de espectrómetros de raios gamma de campo ancho de visión para enerxías entre 6 e 400 keV. WXM, un detector de raios X de campo amplo para enerxías entre 2 e 25 keV. SXZ, varias cámaras para raios X suaves, entre 0,5 e 10 keV.
O observatorio observaba o ceo enteiro en busca de gromos de raios gamma, sendo capaz de detectar a posición de gromo e transmitila a terra en menos de dez segundos, así como estudar a distribución e intensidade dos gromos en varias enerxías e outros fenómenos enerxéticos.
HETE 2 tiña forma de cubo rectangular de aproximadamente 1,0 x 0,5 x 0,5 m e 124 kg de masa, con catro paneis solares saíndo da base. As comunicacións tiñan lugar en banda S para a comunicación co observatorio e VHF para a transmisión dos datos de localización de gromos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pegasus H HETE 1
Categoría:Observatorios espaciais