Eva María Fernández, nada en Ourense en 1973, é unha actriz galega de teatro, cine e televisión.
Traxectoria
Comezou a súa carreira interpretativa no mundo do teatro universitario, co grupo Maricastaña, pasando máis tarde pola compañía Sarabela. Entre 1995 e 2000 participou na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, onde interpretou a Rosalía, filla do protagonista, Miro Pereira. Dende 1999 formou parte do elenco doutra célebre serie da TVG, Mareas vivas, onde deu vida á mariñeira Rosa. Durante eses anos tivo pequenos papeis no cine, nos filmes A lingua das bolboretas, Lena e Ilegal.
En 2003 apareceu en varios episodios de Cuéntame cómo pasó, de Televisión Española, e en 2004 estreouse na TVG a serie As leis de Celavella, onde interpretou un dos papeis protagonistas, Matilde. Por este traballo recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na segunda edición destes galardóns.
Entre 2008 e 2015 fixo o papel de Maite en Padre Casares e traballou tamén nas series Luci e Vidago Palace, aparecendo ademais nun episodio de El Ministerio del tiempo. En 2018 traballou na aclamada serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero, poñéndose na pel de Esther Lago, segunda esposa do narcotraficante cambadés Laureano Oubiña.
Na primeira metade da década de 2020 tivo papeis nas series ambientadas en terras galegas Néboa, Auga seca e Rapa, así como no filme Cuñados e na súa secuela, +Cuñados. Polo primeiro destes filmes obtivo o seu segundo nomeamento para os Premios Mestre Mateo, resultando gañadora nesta ocasión Iolanda Muíños.
Películas A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Lena (2001), de Gonzalo Tapia. Como Cindy. Ilegal (2003), de Ignacio Vilar. Como Isabel. Rafael (2008), de Xavier Bermúdez. Como Amiga 1. Cuñados (2021), longametraxe de Toño López. +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Televisión Pratos combinados (1995-2000, TVG) como Rosalía Pereira Santos. El súper (1999, Telecinco) como Paqui. Policías, en el corazón de la calle (2001, Antena 3). Agente 700 (2001, TVE). Mareas vivas (2000-2002, TVG) como Rosa. Cuéntame como pasó (2003, TVE) como Conchi. As leis de Celavella (2004-2005, TVG) como Matilde. Padre Casares (2008-2015, TVG) como Maite Costas. Piratas (2011, Telecinco). Luci (2013-2015, TVG) como Sole. Vidago Palace (2017, RTP1-TVG). Como Xenoveva. El ministerio del tiempo (2017, TVE). Fariña (2018, Antena 3) como Esther Lago. Néboa (2020, TVE). Como Mara. Auga seca (2020-2021, TVG-RTP). Como Irene Saavedra. Rapa (2022-2024, Movistar Plus+). Como Dubra. Los Argonautas y la moneda de oro (2023, TVE). Como Helena.
Premios e nomeamentos Premios Mestre Mateo AnoCategoríaObraResultado2003Mellor actriz protagonistaAs leis de CelavellaGañadora2021Mellor actriz secundariaCuñadosNomeada
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Consello da Cultura Galega
Categoría:Actores de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1973 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes