Nicola Lopez, nado en Pau o 22 de decembro de 2002, é un activista francés, membro de Europa Ecoloxía Os Verdes (EELV) e cofundador de Protección do Alto-Béarn.
Traxectoria É estudante na Universidade de Pau e dos Países do Adur. É un militante moi activo dentro do colectivo Stop Camions en Vallée d'Aspe dende 2018, loitando contra o transporte de materiais perigosos no val. A súa primeira experiencia política foi nas eleccións municipais de 2020 coa Lista Ciudadana Oloron (LCO), da que foi un dos iniciadores. A lista obtivo o 14% dos votos.
En xuño de 2020, Nicola López foi un dos primeiros en unirse a EELV no Alto-Béarn como resultado da dinámica de 2020, e en 2021 fundou EELV Alto-Béarn.
Activismo Nicola López é cofundador da plataforma Protección do Alto-Béarn e responsábel de Comunicación na asociación "Des mots contre les maux" (en galego : Palabras contra males), unha organización que loita contra a violencia sexual. Tamén é moi activo nas redes sociais, onde ten máis de 150.000 seguidores.
Ademais, Nicola López sofreu intimidacións e ameazas de morte de grupos de extrema dereita, que en 2021 lanzaron un ataque contra as súas redes sociais e tamén realizaron intimidacións físicas.
Política Nicola López foi un dos primeiros en unirse a EELV no Alto-Béarn en xuño de 2020, e en 2021 fundou EELV Haut-Béarn. Tamén participou en varias campañas electorais da NUPES en 2022, primeiro nos Pireneos Atlánticos e despois en Val do Marne.
Compromiso coa paz en Euskal Herria Nicola López tamén está comprometido co proceso de paz en Euskal Herria.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Pau Categoría:Activistas de Francia Categoría:Ecoloxistas de Francia