Heterorhabditis bacteriophora é unha especie de nematodo entomopatóxeno; estes nematodos son coñecidos comunmente como nematodos beneficiosos. Son microscópicos e utilízanse en xadinaría como unha forma de control biolóxico de pragas. Utilízanse no control de formiga, pulgas, avelaíñas, escaravellos, moscas, gurgullos e outras pragas.
Estes nematodos entran nas larvas dos seus insectos hóspede pola boca, ano ou aberturas respiratorias e empezan a alimentarse. Para reproducírense os nematodos liberan bacterias do xénero Photorhabdus que viven no seu tracto dixestivo. As bacterias multiplícanse rapidamente na larva dos insectos e acaban matándoa. Os nematodos usan despois o cadáver da larva para crecer e reproducirse.
Invstigación de sistemas biolóxicos
Estes nematodos poden criarse in vitro, e son de grande interese para os biólogos moleculares e evolutivos que investigan sistemas parasitos e simbióticos. Heterorhabditis bacteriophora foi seleccionado polo National Human Genome Research Institute como especie a secuenciar. A cepa endogámica H. bacteriophora TTO1 foi secuenciada usando a tecnoloxía Roche 454, e obtívose unha ensamblaxe dun esbozo do xenoma de 77 Mb de alta calidade en 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nematodos