Os Anais Composteláns (Annales Compostellani ou tamén Anales castellanos terceros) é unha crónica en latín que foi atopada en Santiago de Compostela razón pola que reciben o seu nome. Atopáronse nun conxunto de manuscritos coñecido como o Tombo negro ou colorado de Santiago de Compostela (tamén Codex Compostellanus ou Códice compostelán). Foron relacionados coa Crónica Ambrosiana e a Crónica Burguense como as Efemérides riojanas por Manuel Gómez Moreno, que pensaba que foran compilados na Rioxa. Abarca a historia do condado e reino de Castela e do Reino de Navarra ata a reconquista de Sevilla en 1248.

Notas

Categoría:Crónicas medievais de España Categoría:Libros de historia Categoría:Libros do século XIII