Ciro Fernández Briones, tamén coñecido como Ciro Briones, nado na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño 1996, é un ensaísta e poeta galego.
Traxectoria Estudou na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Universidade de Vigo, campus de Pontevedra.
En 2023 vivía en Polonia.
Gañador en 2023 do Premio de Poesía Concello de Carral, o xurado destacou no libro:
Obra
Ensaio
Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica (2022). Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, col. Miscelánea. 198 páxs. ISBN 9788481589429. Un camiño que entrelaza filosofía e pensamento en dirección a unha educación crítica.
Poesía Oídos de espeleóloga (2024). Espiral Maior, col. Poesía. 45 páxs. ISBN 9788412734355.
Premios
2020: Premio de ensaio da Universidade de Vigo por Proxeccións cartográficas do ser. 2020: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Prohibido apañar flores. 2020: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea. 2022: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea. 2022: Segundo premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome. 2023: 26º Premio de Poesía Concello de Carral por Oídos de espeleóloga. 2024: Terceiro premio do XX Certame de poesía Anduriña voandeira por O corpo remoto. 2025: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea por Soño con días altos.
Notas
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes