miniatura|Á dunha libélula Burmalindenia nun cabochón de ámbar birmano, mostrando a típica coloración vermella do ámbar. Barra de escala = 5 mm O ámbar birmano, tamén coñecido como burmita ou ámbar de Kachin, é un ámbar procedente do Val de Hukawng no norte de Myanmar (antes Birmania). O ámbar data de hai uns 100 millóns de anos, durante o final do Albiano e o inicio do Cenomaniano, idades pertencentes ao período cretáceo medio. Este ámbar ten un significativo interese paleontolóxico debido á diversidade de flora e fauna que contén como inclusións, especialmente artrópodos, incluíndo insectos e arácnidos, pero tamén aves, lagartos, serpes, ras e restos fragmentarios de dinosauros. O ámbar coñécese e foi comercialmente explotado desde o século I d.C., e coñécese pola ciencia desde a metade do século XIX. A investigación do depósito causou controversia debido ao seu presunto papel no financiamento do conflito interno en Myanmar e as perigosas condicións de traballo nas minas onde se obtén.
Contexto xeolóxico, ambiente deposicional e idade miniatura|Contexto xeolóxico do ámbar birmano do norte de Myanmar O ámbar encóntrase na cunca de Hukawng, unha gran cunca sedimentaria do Cretáceo-Cenozoico do norte de Myanmar. Os estratos sufriron pregamento e fallamento. A cunca de Hukawng forma parte doutra cunca de maior tamaño, a cunca central de Myanmar, unha cunca sinclinal orientada N-S que se estende ata o golfo de Martaban no sur. A cunca considérase parte do bloque de Birmania occidental do terreo (terrane) de Burma, que ten unha historia tectónica moi discutida, considérase asociado cos conceptos dos terreos de Cimeria e Sibumasu. O bloque formaba parte de Gondwana durante polo menos o inicio do Paleozoico, pero o momento en que ocorreu a deriva do bloque é moi inseguro, con estimacións que van desde o Devoniano ao inico do Cretáceo. Tamén se discute se o bloque se acrecionou na marxe continental de Asia no momento en que se produciu o depósito do ámbar. Algúns integrantes da flora e fauna teñen afinidades coas de Gondwana, mentres que outros téñenas coas de Laurasia. Unha recente reconstrución paleomagnética atopou que o terreo de Birmania formaba unha masa de terra insular no océano de Tetis durante o Cretáceo medio a unha latitude de aproximadamente 5-10 graos ao sur do ecuador.
En Noije Bum, localizado nunha cordilleira, o ámbar encóntrase dentro de rochas clásticas de gran fino, normalmente verdosas ou verde cincentas, cor orixinada pola mestura dos grans que o constitúen de cor negra, amarela, gris e verde clara. As rochas de gran fino son principalmente arenitos de gran fino ou moi fino, con capas de limo e lousa sedimentaria e horizontes delgados persistentes lateralmente (1–2 mm de grosor) de carbón. Tamén aparecen intercalacións masivas de calcaria micrítica de 6-8 cm de grosor, que a miúdo conteñen material vexetal convertido en carbón. Esta asociación de facies adoita ter arredor dun metro de grosor e normalmente é de capas delgadas e laminadas. Asociado coas facies de gran fino hai un conxunto de facies medias consistentes principalmente en arenitos de gran medio a fino que tamén conteñen capas de limolita, lousa sedimentaria e conglomerado, xunto cun horizonte persistente de conglomerado. Atopouse un espécime do ammonites Mortoniceras nunha capa de arenito de 2 metros sobre o horizonte de ámbar, xunto con gasterópodos e bivalvos indeterminados. A datación uranio-chumbo de cristais de circón de clastos volcánicos dentro dos horizontes que conteñen ámbar deu unha idade máxima de 98,79 ± 0,62 millóns de anos (Ma), o que fai que o depósito sexa do inicio do Cenomaniano. Datos non publicados de Wang Bo sobre outras capas suxiren un intervalo de idades de deposición de polo menos 5 millóns de anos. Non parece que o ámbar sufrise un transporte significativo desde que se endureceu ou foi redepositado. Os estratos no xacemento son máis novos cara arriba, con dirección norte nordés e buzamento de 50-70 graos leste e sueste ao norte da cordilleira e dirección entre sur sueste e sueste e buzamento de 35-60 graos suroeste ao sur da cordilleira, o que suxire que o xacemento está no flanco noroeste dun sinclinal que se introduce baixo a superficie cara ao noroeste. Tamén existe unha falla menor cunha clara fariña de falla, aínda que parece que non tivo un desprazamento signifcativo. Coñécense outros varios lugares, como o Khanjamaw coñecido xa na época colonial e os sitios máis recentes de Inzutzut, Angbamo e Xipiugong, preto de Tanai. O xacemento de Hkamti ao suroeste da cunca de Hukawng determinouse que é significativamente máis vello, datando de inicios do Albiano arredor de 110 Ma e, por tanto, considérase distinto.
Paleoambiente
miniatura|Unha cuncha de Puzosia (Bhimaites) xuvenil en ámbar birmano O paleobosque do ámbar birmano considérase que era unha selva tropical, situada preto da costa, onde a resina foi transportada despois a un ambiente mariño pouco profundo. A presenza da cuncha dun espécime xuvenil morto do ammonites Puzosia (Bhimaites), catro cunchas de gasterópodos mariños (incluíndo Mathilda) e isópodos litorais ou supralitorais incrustados nun cacho de ámbar con area da cuncha, xunto co crecemento de crinoideos isocrínidos, corais e ostras na superficie dalgunhas pezas de ámbar indica condicións mariñas na deposición final. Ademais, perforacións feitas polos bivalvos foládidos en espécimes de ámbar xunto con polo menos un foládido que quedou atrapado foron interpretadas como que mostran que a resina estaba aínda fresca e non endurecida cando estaba sendo desprazada a áreas mareais. Porén, os foládidos en cuestión, que pertence ao xénero extinguido Palaeolignopholas, foron despois interpretados como especies de auga doce, e a presenza de numerosos insectos de auga doce indican que o ambiente inicial de deposición era unha sección augas abaixo de estuario ou de auga doce dun río, e o bosque estenderíase por unha zona de ríos costeiros, deltas fluviais, lagos, albufeiras e baías costeiras. O ambiente boscoso puido ser favorable aos incendios, igual que nos modernos pantanos tropicais de turba, baseándose na presenza de plantas adaptadas ao lume e restos de plantas queimadas atopados no ámbar.
O propio ámbar é principalmente discoidal e aplanado ao longo do plano das capas, e é marrón avermellado, cunha cor con tons de amarelos a vermellos. A opacidade do ámbar pode ser de clara a opaca. Moitas pezas de ámbar teñen finas veas de calcita que son tipicamente de menos de 1 mm, pero de ata 4-5 mm de grosor. O número e proporción de veas nunha peza de ámbar varía significativamente, nalgunhas pezas as veas están absolutamente ausentes, mentres que outros descríbense como "cheos de pequenas veas" O ámbar considérase que o orixinaron coníferas, probablemente araucarias, baseándose en análises espectroscópicas e inclusións de fragmentos de madeira, aínda que tamén se suxeriu que fosen piñeiros.
Fauna e flora A lista de taxons atopados é extraordinariamente diversa, cunhas 42 clases, 108 ordes, 569 familias, 1017 xéneros e 1379 especies descritas a finais de 2019, cunhas 300 especies descritas só en 2019, a gran maioría (94%) das cales eran artrópodos. Unha lista completa de taxons ata finais de 2018 poden encontrarse en Ross 2018Ross, A.J. 2018. Burmese (Myanmar) amber taxa, on-line checklist v.2018.2 104pp E un suplemento que abrangue máis do ano 2019 poden encontrarse en Ross 2019b.Ross, A.J. 2019b. Burmese (Myanmar) amber taxa, on-line supplement v.2019.2 . 33pp. Para sermos breves, non se mostra aquí unha lista completa de taxons e a clasificación é principalmente a nivel de familia.
Invertebrados Coñécense unha 1000 especies de invertebrados destes depósitos, incluíndo, os membros máis antigos dos Palpigradi (Electrokoenenia) e Schizomida (Mesozomus), o onicóforo máis antigo (Cretoperipatus) e os únicos membros fósiles coñecidos dos Mesothelae e Ricinulei desde o Paleozoico. Chimerarachne é unha araña troncal única que aínda posúe cola, con formas similares coñecidas só no Paleozoico.
Arácnidos Araneae Coñécense 44 familias de arañas do ámbar birmano, incluíndo: Archaeidae, †Burmadictynidae, †Burmascutidae, †Burmathelidae, Clubionidae, Corinnidae, †Cretaceothelidae, Deinopidae, Dipluridae, †Eopsilodercidae, †Fossilcalcaridae, Hersiliidae, Hexathelidae, †Lagonomegopidae, Leptonetidae, Liphistiidae, †Micropalpimanidae, †Mongolarachnidae, Mysmenidae, Ochyroceratidae, Oecobiidae, Oonopidae, Oxyopidae, Palpimanidae, †Parvithelidae, Pholcidae, †Pholcochyroceridae, †Plumorsolidae, †Praearaneidae, †Praeterleptonetidae, Psechridae, Psilodercidae, Salticidae, Segestriidae, Telemidae, Tetrablemmidae, Tetragnathidae, Theridiosomatidae, Theridiidae, Thomisidae, Uloboridae e †Vetiaroridae.
Acariformes miniatura|Immensmaris chewbaccei (Acariformes:Smarididae)
Coñécesen 20 familias de acariformes do ámbar birmano, incluíndo: Anystidae, Archaeorchestidae, Bdellidae, Caeculidae, Cheyletidae, Enantioppiidae, Eremaeidae, Erythraeidae, Eupodidae, Gymnodamaeidae, Malaconothridae, Microtrombidiidae, Neoliodidae, Oribatellidae, Oribotritiidae, Resinacaridae, Smarididae, Trombellidae, Trombidiidae e Tuckerellidae.
Opiliones Atopáronse espécimes de nove familias de opilións no ámbar birmano, incluíndo: Beloniscidae, Epedanidae, †Halithersidae, †Mesokanidae,†Monooculricinuleidae, ?Pyramidopidae Sclerosomatidae, Stylocellidae e Tithaeidae.
Pseudoscorpiones
miniatura|Procheiridium judsoni (Pseudoscorpiones:Cheiridiidae)|alt= Descubrír4onse tamén 12 familias de pseudoescorpións, que son: Atemnidae, Cheiridiidae, Cheliferidae, Chernetidae, Chthoniidae, Feaellidae, Garypinidae, Hyidae Ideoroncidae, Neobisiidae, Pseudocheiridiidae e Withiidae.
Scorpiones miniatura|Betaburmesebuthus bellus (Scorpiones:†Palaeoburmesebuthidae) |alt= De escorpións atopáronse 7 familias, que son: Buthidae, Chaerilidae, †Chaerilobuthidae, †Palaeoburmesebuthidae, †Palaeoeuscorpiidae, †Palaeotrilineatidae e †Sucinolourencoidae.
Parasitiformes Coñécense 7 familias de parasitiformes, que son: Argasidae, †Deinocrotonidae, †Khimairidae, Ixodidae, Opilioacaridae, Polyaspididae e Sejidae.
Schizomida Só se coñece unha familia de esquizómidos do ámbar birmano: Hubbardiidae
Palpigradi Coñécese un xénero de palpígrados: Electrokoenenia, que pertence aos Eukoeneniidae
Amblypygi Atopáronse dous xéneros de amblipixios: Kronocharon e Burmacharon, que non pertencen a ningunha familia existente.
Solfugae Coñécese un xénero de solífugos: Cushingia, que non pertence a ningunha familia existente.
Thelyphonida Os dous xéneros de telifónidos atopados son: Mesothelyphonus, que pertencen a Thelyphonidae e Burmathelyphonia, que non pertencen a familias existentes.
Ricinulei Coñécense tres xéneros de Ricinulei: Hirsutisoma, ?Poliochera (un taxon polo demais do Carbonífero) e Primoricinuleus, todos de familias extinguidas.
Myriapoda miniatura|Burmanopetalum inexpectatum (Callipodida)|alt= Coñécense 16 familias de miriápodos, que son: Anthroleucosomatidae, †Electrocambalidae, Tingupidae, Glomeridellidae, Andrognathidae, Paradoxosomatidae, Polydesmidae, Polyxenidae, Synxenidae, Polyzoniidae, Siphoniulidae, Siphonophoridae, Siphonorhinidae, Zephroniidae, Cambalidae, Scolopendrellidae e †Burmanopetalidae.
Entognatha Coñécense 8 familias de entognatos: Campodeidae, Japygidae, Isotomidae, †Praentomobryidae, Tomoceridae, Neanuridae, Odontellidae e Sminthuridae.
Insectos Archaeognatha Atopáronse dúas familias de arqueógnatos: Machilidae e Meinertellidae
Zygentoma A única familia de Zygentoma atopada é Lepismatidae
Ephemeroptera miniatura|Vetuformosa buckleyi (Ephemeroptera) Coñécense 7 familias de efémeras: †Australiphemeridae, Baetidae, Ephemeridae, Heptageniidae, †Hexagenitidae, Isonychiidae, Prosopistomatidae.
Odonata