Armando López Losada, nado no Saviñao cara a 1911, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro, membro da sociedade Trabajadores de la Tierra afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, sendo declarado en rebeldía en 1938. Entregouse o 11 de marzo de 1940 xunto con Ramón Pérez Vispo e Antonio Losada Ferreiro. Ingresou en prisión o 11 de marzo e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.BOE, 27-10-1941, p. 8370.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1911 Categoría:Carpinteiros