miniatura|Exemplar de 1629 do Novo Testamento traducido ao malaio Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateu, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Libros do Novo Testamento Evanxeos de: Mateu. Marcos. Lucas. Xoán. Feitos dos Apóstolos, de autoría atribuída a Lucas relata a historia dos primeiros cristiáns após a morte de Cristo. miniatura|Miniatura dos catro evanxelistas do libro Waldburg-Gebetbuch (último cuarto do século XV) Cartas Paulinas: Romanos. I Corintios. II Corintios. Gálatas. Efesios. Filipenses. Colosenses. I Tesalonicenses. II Tesalonicenses. I Timoteo. II Timoteo. Tito. Filemón. Carta aos Hebreos anónima, tradicionalmente atribuída a Paulo.

Cartas Católicas: Carta de Santiago (a meirande parte das igrexas reformadas (protestantes), non a admiten no canon). I Carta de San Pedro. II Carta de San Pedro. I Carta de San Xoán (as epístolas xoánicas son ocasionalmente atribuídas a membros da súa comunidade de discípulos). II Carta de San Xoán. III Carta de San Xoán. Carta de Xudas. Apocalipse.

Véxase tamén

Outros artigos Antigo Testamento Xesús de Nazaret