A 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 17 até o 28 de maio de 2022. O festival contou cunha homenaxe ao actor Tom Cruise, cuxo filme Top Gun: Maverick se estreou no festival e onde o actor recibiu unha Palma de Ouro honorífica. O cartel oficial do festival foi deseñado como unha homenaxe a The Truman Show (1998).

O festival volveu á plena capacidade de espectadores logo da interrupción nas edicións dos dous anos anteriores por mor das restricións da pandemia de COVID-19 en Francia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Festival Internacional de Cinema de Cannes