Elisa Fernández Rei, nada en San Cibrao en 1969, é unha filóloga e profesora galega.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou coa tese Regras fonolóxicas posléxicas e regras precompiladas de alomorfia sintagmática: Dominios prosódicos en galego.

É profesora na USC no Departamento de Filoloxía Galega desde 1998 e investigadora no Instituto da Lingua Galega desde 2002, do que foi nomeada directora en 2023.

Ten investigado sobre a prosodia, o contacto e o cambio lingüístico, a xeolingüística e a análise do discurso. Coordinou o comité para o dominio lingüístico galego do proxecto internacional AMPER e colaborou en proxectos de investigación competitivos dentro do grupo de investigación FILGA.

Forma parte do Comité de Redacción de Estudos de Lingüística Galega desde a súa fundación en 2008 e desde 2018 ocupa el posto de secretaria.

Creou Lingua Viva, unha plataforma web que permite á cidadanía achegar o seu xeito de falar en galego.

Ten colaborado nas revistas Cadernos de lingua, Dialectología, Estudios de fonética experimental, Language Design: Journal of Theoretical and Experimental Linguistics, Estudis romànics, Procesamiento del lenguaje natural, Revista española de lingüística aplicada etc.

Obra

Diccionario de verbos galegos. Laverca (2002). Con Manuel González González, Carmen García Mateo, Eduardo Rodríguez Banga. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-855-1. Perspectivas sobre a oralidade (2008). Con Xosé Luís Regueira Fernández. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-86-7. Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual (2017). Xosé Luís Regueira Fernández (ed. lit.), Elisa Fernández Rei (ed. lit.). Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-82-3. Dicofon 4. Diccionario de fonética en 22 lenguas (2022). VV.AA. Editorial: Comares. ISBN 9788413693200.

Notas

Categoría:Nados en Cervo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1969