Saint Omer é un filme francés de 2022 dirixido por Alice Diop e protagonizado por Kayije Kagame e Guslagie Malanda. É a primeira longametraxe narrativa de Diop logo de traballar como cineasta de documentais. No filme, Rama (Kagame) é unha novelista embarazada que asiste ao xuízo de Laurence Coly (Malanda), unha muller senegalesa acusada de asasinar ao seu fillo de 15 meses ao deixala nunha praia para ser arrastrada pola marea, co fin converter o tráxico suceso nun relato literario de Medea. Baséase no caso xudicial francés de Fabienne Kabou, que foi condenada polo mesmo crime. Diop asistiu ao xuízo de Kabou en 2016.
O filme estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 7 de setembro de 2022, onde gañou o León de Prata do Gran Xurado xunto co León do Futuro Luigi De Laurentiis. Realizáronse proxeccións adicionais no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival de Cinema de Nova York antes da estrea en cinemas de Francia o 23 de novembro de 2022. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de decembro.
Personaxes Kayije Kagame como Rama Guslagie Malanda como Laurence Coly Valérie Dréville como o xuíz Aurélia Petit como Defence Barrister Vaudenay Xavier Maly como Luc Dumontet Robert Canterella como Barrister Salimata Kamate como Odile Diata Thomas de Pourquery como Adrian Salih Sigirci como Salih Fatih Sahin como Fatih Atillahan Karagedik como Jackson Ege Güner como Ege Güner Mustili como Mustafa Lionel Top como xornalista
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia