Ezimûn (en ) é un filme iraquí rodado en lingua kurda dirixido por Shawkat Amin Korki e producida por Mehmet Aktaş. Está protagonizado polas actrices kurdas Avan Jamal e Vania Salar, e o resto do elenco está composto por Hussein Hassan, Shuan Atoof, Mohammed Warya, Hoshyar Zero Nerwayi.
Ezimûn foi o filme de apertura do 8º Festival Internacional de Cinema de Duhok. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Rojin é unha moza kurda de Iraq que está a piques de facer o exame de acceso á universidade. A súa irmá máis vella Shilan, que é infeliz no seu matrimonio, decide axudala coa esperanza de que teña unha mellor vida ca a súa.
Personaxes Actor Papel Avan Jamal Shilan Vania Salar Rojin Hussein Hassan Ali Sardar Shuan Atoof Jamal Mohammed Warya estudante Hoshyar Zero Nerwayi enxeñeiro Nigar Osman Munira Kawa Qadir Jamal Adel Abdulrahman Karim
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes de Iraq