Soraya Castro Lago, nada en Abade (Moeche) o 20 de setembro de 1999, é unha escritora e poeta galega.
Traxectoria Desde moza escribe poesía. Padece trastorno de personalidade límite. En xaneiro de 2019 tentou suicidarse botándose da fiestra dun terceiro piso. As consecuencias da caída deixárona para a vida nunha cadeira de rodas con tetraplexía de alta lesión.
Nunha entrevista recoñecía a inspiración de Rosalía de Castro, Manoel Antonio, Lois Pereiro e Lupe Gómez, así como a axuda persoal de Branca Trigo para que os seus primeiros poemas visen a luz.
Obra Cinzas (2023), autoeditado. Inclúe poemas anteriores e posteriores á discapacidade, elemento protagonista de moitos textos que reclaman un coprotagonismo coa saúde mental.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Moeche Categoría:Nados en 1999
Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes