dereita|miniatura|250x250px| Familia de trócares desbotables Un trocar é un dispositivo médico ou veterinario que consta dun punzón (que pode ser unha punta metálica ou afiada con ou sen láminas de plástico), unha cánula (esencialmente un tubo oco) e un selo. Equipment and instrumentation for Laparoscopic bariatric surgery in Cleveland Clinic Alph Degive, Précis de médicine opératoire vétérinaire, Asselin & Houzeau, 1908, p. 139 Os trócares colócanse a través do abdome durante a cirurxía laparoscópica. O trocar funciona como portal para a posterior colocación doutros instrumentos como pinzas, tesoiras, grampadoras, etc. Os trocares tamén permiten que o gas ou o fluído escape dos órganos do corpo.

Etimoloxía A palabra trocar provén do francés trocart, derivado de trois-quarts (tres cuartos), de trois 'tres' e carre 'lado, face ou cara dun instrumento', rexistrado por primeira vez no Dictionnaire des Arts et des Sciences, 1694, por Thomas Corneille, irmán menor de Pierneille (Pierre Corneille).

Variacións do termo No dicionario da RAG non aparece "trocar" nesa acepción, pero si no bUSCatermos e no dicionario galego de termos médicos, con esa forma. En galego reintegracionista e en lingua portuguesa os termos maioritarios son trocar e trocarte, en plural trocares ou trocartes, que ás veces por metátese derivou en trocater ou trocáter.

Historia miniatura| Trocar, c. 1850 Orixinalmente, os médicos usaban trocares para aliviar o aumento da presión dos fluídos (edema) ou dos gases (inchazo). As patentes dos trocares xurdiron a principios do século XIX, aínda que o seu uso posibelmente datase de miles de anos atrás. A mediados do século XIX, as cánulas de trocar tornáronse máis sofisticadas, como a invención do tubo Southey por Reginald Southey.

Tipos

Trocar de Curschman ou de Southey - Trocar empregado para a punción do edema subcutáneo Trocar de Duchenne - Trocar que se utiliza para tomar mostras de tecido de partes profundas Trocar de Durham - Trocar que se emprega para realizar unha traqueotomía rápida Trocar explorador -  Trocar moi fino que se usa para puncións exploratorias Trocar rectal - Trocar de perfil curvo co que se punciona a vexiga a través do recto Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Janet Amundson Romich. An illustrated guide to veterinary medical terminology, Volume 1

Categoría:Veterinaria Categoría:Equipamento médico